fondo

martes, 13 de novembro de 2018

CANTIDADES E RECUNCHOS DE LINGUAXE

Comezamos o martes con Adrián, Tivemos que pararnos a recordar os signos das cancións porque é chegar a silla principal e xa non se acordan de cómo eran. 



Despois tocaron dúas actividades matemáticas, pero o primeiriño de todo e como empregamos os platos da patrulla canina que tiñamos dalgún cumple miramos cantos canciños saían en cada plato, ou cantos platos tiñamos á vista...(aproveitamos todas as ocasións).
1. Ordeamos nunha fila de MENOS  a MÁIS  e algún xa se deu conta de que eran os números...

2.

2. Emparellamos os platos que teñen a mesma cantidade: equivalentes


Colocamos a tarxeta que lle corresponde a cada parella e recalcamos que tamén se pode representar por números, que aparecen na outra cara da tarxeta.

Tamén estivemos facendo ioga que nos axuda a relaxarnos despois do recreo (aínda que hai días que non é doado) e recunchos de linguaxe:
1. SOPLO. traballamos o soplo facéndolle os bonecos con cara de susto uns pelos soplando pintura con palliñas


2. KABOOM! Este xogo sirve para traballar o recoñecemento dos nomes dos compañeir@s da aula cunha peculiaridade, cando colles un pao que pon KABOOM! tes que devolver os paos gañados ó vaso. 


3. LETRAS. Formamos algunhas letras con pezas: P, J, L, T
  
4. CONCIENCIA FONOLÓXICA. Descubrimos entre tres debuxos cales riman, rematan igual.


Ventaaanaaaa- manzaaaannnaaaa

Ningún comentario:

Publicar un comentario