fondo

martes, 13 de novembro de 2018

LUNS DE NOMES E RECUNCHOS MATEMÁTICOS...


Hoxe foi Mauro o que arrancou a clase




E despois fixemos un recordatorio dos nomes dos compañeiros (recoñecemento) que aínda non temos todos moi claro



A continuación traballamos un pouquiño o vocabulario para aprender moitas palabras e falar cada vez mellor, e tamén agrupar por categorías: animais, partes do corpo...Outra actividade que solemos facer é buscar o intruso,,,no que deben decir entre varias imaxes cal creen que é intruso, que non lle corresponde estar ahí, e (máis importante) dar unha razón (porque sí non vale😀)
A espalda porque os outros son animais
O ollo, porque o resto son animais 

O coello, porque os outros viven na auga

A paloma porque non é salvaxe ( é importante saber as súas razóns xa que poden ser totalmente válidas aínda que non sexan as que un teña en mente. Neste caso a trampa púxena polo número de patas pero saíronme con outra razón, válida?...É posible)

Despois do recreo tocounos RECUNCHOS MATEMÁTICOS e hoxe, o faltar varios nenos, só fixemos tres:

FIGURAS XEOMÉTRICAS. Recoñecemento e clasificación pola forma e unha posterior actividade impresa na que tiñan que colorear segundo a figura.



CANTIDADE. Rodeo de un en un. Primeiro estendendo na mesa as tapas e rodeándoas, e logo facendo o mesmo na ficha. Así prácticamos tamén os trazos circulares


Imos de compras. Cada nen@ conta cun carriño da compra e unha lista do que ten que comprar e debe buscar "na tenda" os seus productos.











Ningún comentario:

Publicar un comentario