fondo

luns, 26 de novembro de 2018

Cantidade de letras e Recunchos matemáticos

A semana pasada estivemos botando un vistazo os nosos nomes e a cantidade de letras que teñen 


Descubrimos que Christian é o nome máis longo da clase e TEo e Leo son os máis curtiños. Quedou pegado no encerado e gústalles ir de vez en cando a miralos e debatir sobre eles.

Despois fixemos os Recunchos matemáticos da semana:
1. Recortado. Tiñan a imaxe dunha vaca marcada con catro líneas que tiñan que recortar, montar nun folio e pegar.

2. Enladrillamos un cadrado. Por parellas tiñan que encher un cadrado marcado na mesa con construccións


3. CONXUNTOS. Seguimos ca actividade da semana anterior pero neste caso facemos conxuntos de dous, parellas. Primeiro na mesa con figuras do outono e despois trasladamos ó papel.









4. PONTES de plastilina. Tocaba reforzar as mans e dedos con xogos de plastilina, neste caso facendo pontes.








luns, 19 de novembro de 2018

NOVOS XOGOS...

Na xornada do venres estivemos presentando novos xogos para xogar tanto na clase como para levar para a casa co libro da Biblioteca. O primeiro estivemos vendo vocabulario de animais e despois falamos un pouquiño dos distintos animais: salvaxes ou domésticos
TAmén xogamos cun xogo de atención no que tes que recoñecer que animal se mostra nunha sombra...

E outra versión do xogo da lupa que xa tiñamos o ano pasado. Neste caso a temática é o circo.

E como a atención é unha habilidade moi importante outro dos xogos consistía en buscar o pedaciño perdido... resultoulle un pouco complicado, sobre todo cando estaban as pezas das tres fichas xuntas.
Outro habilidade moi importante que se traballa nesta etapa é a conciencia fonolóxica, neste caso, palabras que comezan igual...demos comezo as vogais e pouco a pouco iremos completando o xogo.

Unha vez presentados algúns xogos fixemos unhas rondas por parellas para ir coñecendo os novos xogos


Cantidades: tantos puntos como cantidade de... haxa
Secuencias: ordear o que pasou primeiro, despois e o final. Coma sempre recalco a necesidade de que den unha explicación xa que moitas veces pode ser totalmente válida 






Adiviña o animal prestando atención ás pesquisas


domingo, 18 de novembro de 2018

OBRADOIRO DE GRAFISMO: LÍNEAS RECTAS

No obradoiro de grafismo do xoves estivemos traballando as lineas rectas verticais. Partindo da ficha que vedes comezamos facendo máis líneas con rotuladores de cores e despois collemos os pinceles para "iluminar" as líneas negras.










xoves, 15 de novembro de 2018

MÉRCORES FONOLÓXICO


O mércores estivemos facendo en gran grupo o xogo das palabras que riman. Aínda nos resulta un pouco difícil pero xa lle vamos collendo o tranquilla. Tamén aproveitamos para ir ampliando o noso vocabulario.

Tamén adicamos un ratiño a cantidade de sílabas das palabras con xogos na PDI. Palmeamos a palabra e marcamos a cantidade de "cadrados" palmas que ten.


E reforzamos o vocabulario de partes do corpo, profesións e accións. Con esta última fixemos un pequeno xogo de imitación: cada nen@ imitaba unha acción e o resto intentaba adiviñar que facía.
Despois fixemos unha ficha moi rápida na que había que buscar os animais e aproveitamos para facer unha lista cos nomes. Para isto, vou recalcando ben os sons de cada nome e entre todos van recoñecendo as letras que constitúen cada palabra, despois soamente falta tratar de trazalas na súa ficha.


E despois de tanto mandar toca un ratiño as gavetas...Cada un escolle o xogo que máis lle interesa practicar




Aquí andaban a escribir nas pizarras e ficheiros alimentos e bebidas...
Outros prefiren o traballo de psicomotricidade fina cosendo
Practican a escritura das cifras...

E tamén estivemos xogando cos nomes e os sons iniciais... Tiñan que escoller un nome, para ler, e unilo co debuxo que comezaba igual: Adrián....Amarillo