fondo

domingo, 30 de setembro de 2018

SOPA DE AAAAAAAAAAAAAAA

Este venres seguimos traballando ca AAAAAA. Primeiro tratamos de facela no chan...menuda inundación



 E despois andivemos a saltos por enriba das letras ó son da A...¡cómo se foran as teclas dun piano, pero todas co mesmo son!

Tocoulle o momento a plastilina e o traballo da forza das nosas mans. Churriño por aquí, churriño por alá e vai emerxendo unha A.




E tamén estivemos axudando a Abella a chegar a unha rica flor seguindo o laberinto formado polas Aes


Non nos podíamos esquecer de borrar o chan...¡qué ben limpan!
 E algúns tiveron tempo de descubrir as letras escondidas usando os tampóns de cores ¡qué lles encantan!

Ningún comentario:

Publicar un comentario