fondo

martes, 25 de setembro de 2018

OBRADOIRO DE MATES

Hoxe dedicámonos a comparar cantidades... primeiro repasamos un pouquiño conceptos traballados o curso pasado para afianzar e despois intentamos ir un pasiño máis aló.
Xa temos moi moi claro a diferencia de MOITOS POUCOS e sabémolos recoñecer nun conxunto e facer nos mesmos un conxunto con moitos e poucos pero...

 algúns liámonos un pouquiño cando temos que poñer MÁIS OU MENOS ca min

sendo a bandexa azul a de referencia ¿coloca na bandexa violeta MENOS tapas ca min?

2º intento...


Explicoume que non as poñía ben xa que primeiro ordeei a fila comparativa colocando as fichas moi separadas, pero se as poño xuntiñas el tiña menos ("a súa fila era máis corta ca miña ó ter dúas tapas pequenas")
corrección doutro compañeiro
 Cambiamos os obxectos de referencia. Agora eu teño unha bandexa azul con patos e o da esquerda ten que poñer máis ca min e o da dereita menos ca min:

 MÁIS QUE...comprobación                                     MENOS?

Corrección
 Novo cambio de material, agora sendo únicamente os nen@s os que decidían a bandexa de referencia sobre a que había que poñer máis ou menos que...


Como vedes temos que seguir afianzando algúns conceptos...

Ningún comentario:

Publicar un comentario