fondo

martes, 25 de setembro de 2018

OBRADOIRO DE LINGUAXE

Onte estivemos mirando a nosa nova gaveta da letra A e engadimos algunha cousiña máis. Este curso engadimos a nosa clase as letras Montessori, feitas con lixa suave para poder vivir a escritura a través dos sentidos. Unha vez ensinado a forma de trazado todos trataron de facer o mesmo...aínda que trazalo e pronunciar o seu son era moito...(sempre era eu a que pronunciaba aaaaaa mentres eles estaban concentrados en seguir o trazo)


 Tamén contamos co panel luminoso no que montamos unha das palabras que máis nos gustou do xogo "palabras coa letra REINA da semana" e o mellor de todo foi cando se iluminou.



O longo da semana completaremos outras tarefas relacionadas que vos iremos ensinando.

Ningún comentario:

Publicar un comentario