fondo

xoves, 27 de setembro de 2018

A MAZÁ QUE QUERÍA SER UN ESTRELA...

Onte demos a benvida o Outono cun conto moi especial "A mazá que quería ser unha estrela" A verdade é que lles gustou moito e ten un transfondo moi chulo ¡o importante levámolo dentro! Así demos comezo o outono...cunha froita típica e que a case todos lles gusta. Fixémola proba e vimos que as mazás poden ser de distintas cores e unhas pódennos gustar máis ca outras.

 E, falando de mazás, non podía faltar un laberinto para axudarlle o pobre gusanillo, que tamén ten que alimentarse, a chegar o seu interior. Para o laberinto comezamos co dedo, lápiz e finalmente decidimos iluminarlle o camiño con luz "amarela"




Ningún comentario:

Publicar un comentario