fondo

xoves, 27 de setembro de 2018

OBRADOIRO DE GRAFISMO...

A semana pasada estivemos traballando con cousas redondas, circulares...



¿Cal é o intruso?
¿cal é o máis grande? ¿E o máis pequeno?














 Grande, pequeno, mediano, de cores, arriba e abaixo, dentro e fóra...un montón de conceptos que traballamos xogando e creando cos círculos. Porque hai moitos artistas encantados con esta forma xeométrica... Kandiski, Yayoi Kusama, Klimt... Hoxe admiramos algunhas das obras de Yayoi Kusama e mirada o resultado...

 Partimos dun círculo blanco no que tiñamos que debuxar círculos de cores. Tamén lles ofrecín círculos para recortar o que se vira capaz (é moi complicado todavía) e animáronse todos, aínda que puideron comprobar o complicado da cuestión 😀
 Despois tocou adornar os globos con gomets círculares
 E tocaba montar o mural conxunto pegando ó azar os distintos círculos que tiñamos preparados...










Ningún comentario:

Publicar un comentario