Hoxe festexamos o aniversario de Martina, a máis pequena da aula, porque mañá cumple 3 aniños ¡MOITAS FELICIDADES! e compartiu connosco un biscoito recén saído do forno...
fondo
luns, 30 de outubro de 2017
mércores, 25 de outubro de 2017
ESTREAMOS....
Hoxe estreamos un novo circuito no patio de infantil para facer máis entretidos os recreos e darnos novas ideas para xogar con equilibrios, saltos, pés xuntos, voltas... e piruetas mil.
Tamén contamos o conto "A miña amiga a escuridade" e baixamos as persianas para ler outro libro máxico que só se pode ler na escuridade, aínda que ó final tivemos que deixalo...
Tamén contamos o conto "A miña amiga a escuridade" e baixamos as persianas para ler outro libro máxico que só se pode ler na escuridade, aínda que ó final tivemos que deixalo...
Posteriormente, fixemos un pouquiño de maxia: Pintamos nun folio blanco con cera blanca ¡pero esto non pinta, profe! e despois coñecimos as acuarelas. ¡Ahora sí!
martes, 24 de outubro de 2017
¿QUÉ FIXEMOS NA ESCOLA?
ACTIVIDADES NOVAS
Hoxe engadimos unha pizarra magnética na que atopamos dúas siluetas do corpo e as pezas para vestir ó neno e á nena: traballamos as partes do corpo e o vocabulario das prendas de vestir.
A BOLSA SECRETA ¿QUÉ ESCONDERÁ?
Traballamos o sentido do tacto e o vocabulario de diferentes obxectos que atopamos na nosa aula.
ACTIVIDADES EMOCIONAIS
Hoxe contamos algunha poesía do conto "Versos de cuento" sobre un fantasma, un vampiro namorado e facer unha tarta para unha bruxa. Despois falamos do fantasma comemedos que atopamos ó chegar á aula e decoramos un fantasmiña pequeniño onde fun escribindo os medos que cada ún tiña: lobos, arañas, oscuridade, globos, cans.. cada día van saíndo novos medos. Despois tocou alimentar ó Fantasma... ¡tantos medos comeu, que a boca rompeu!
Tamén comezamos a facer os nosos fantasmas para a decoración do cole ¡mirade que ben nos están quedando!
ACTIVIDADES DE OUTONO
Para traballar a psicomotricidade fina axudamos a unha cabaza, moi típica no outono, a engalanarse. Colocaron os gomets laranxas estupendamente nos oquiños e logo pintamos un pouquiño máis.
Pero non só isto, tamén xogamos no patio, fixemos actividades das gabetas, relaxámonos, traballamos MOITOS POUCOS cos coches....
luns, 23 de outubro de 2017
COMEZAMOS O LUNS CON ENERXÍA...
Hoxe estivemos traballando un montón. As rutinas xa están moi establecidas: facemos xenial a fila, colgamos as nosas cousas no percheiro, xa sabemos xogar cas actividades que hai nas gavetas... ¡Estamos mellorando moitísimo! E por iso xa podemos facer máis actividades tanto de maneira individual como en gran grupo.
ACTIVIDADES DA VIDA COTIÁ
É moi importante que vaian collendo unha maior autonomía (sí, é verdade, dígoo moitas veces jajaj) porque este aspecto fortaleza a súa confianza e autoestima, vaise facendo máis seguro de sí mesmo... e con isto xa temos moito gañado para traballar todo o que queiramos.
ACTIVIDADES DE PSICOMOTRICIDADE GROSA E FINA
ACTIVIDADES DA VIDA COTIÁ
É moi importante que vaian collendo unha maior autonomía (sí, é verdade, dígoo moitas veces jajaj) porque este aspecto fortaleza a súa confianza e autoestima, vaise facendo máis seguro de sí mesmo... e con isto xa temos moito gañado para traballar todo o que queiramos.
con Bigotes aprendemos a usar cremalleiras, botóns e velcro |
ACTIVIDADES DE PSICOMOTRICIDADE GROSA E FINA
- MÚSICA. Obxectivo principal: desfrutar da música e dos compañeir@s, e xa despois, traballamos o equilibrio, parar cando a música manda, mover os brazos arriba e abaixo, as pernas, os dedos e a cabeza ca canción "soy elástico" e tamén vamos de caza, e nada menos cun león. E despois de escalar unha montaña, nadar unha laguna e entrar nunha cova... alí estaba, o león ¡a correr!
- PELOTAS. Hoxe presentamos un novo material, as pelotas blandiñas. Son estupendas para realizar un montón de xogos como apretar e afroxar as mans, poñelas en distintas partes do corpo, andar con elas entre os xeonllos sen que caia ou frente a frente cun compañeiro...
ACTIVIDADES DE LÓXICA MATEMÁTICA
Demos comezo a algunhas tarefas nas que imos a prepararnos para un posterior coñecemento dos números, pero antes de todos esos signos raros temos que traballar con cantidades, similitudes, equivalencias, arriba e abaixo... e un sinfín de cousas.
aproveitamos as pelotas para traballar MOITOS e POUCOS, e despois tamén empregamos os animais. Parece que o recoñecemento é fácil pero cando nos toca facelo a nós, xa non o temos tan claro... ¡é o primeiro día! Seguiremos practicando.
ACTIVIDADES CAS EMOCIÓNS
O conto de hoxe tratábase cun coelliño que nos contou a que lle tiña medo... Esta semana imos traballar sobre esa emoción tan importante e prepararnos así para ó vindeiro Samaín... Contamos os compañeir@s os nosos medos... ou falta de eles: arañas, tormentas, oscuridade, serpes...
OUTRAS ACTIVIDADES QUE PASAN A FORMAR PARTE DAS GAVETAS
OUTRAS ACTIVIDADES QUE PASAN A FORMAR PARTE DAS GAVETAS
- PEGADO E RECORTADO. pegamos gomets nas celdas preparadas e recortamos polas líneas divisorias... más o menos ajajjajaja
ACTIVIDADES DE LINGUAXE. Non poden faltar. Todos os días xogamos con algún material ou actividade para poder falar cada vez mellor. Hoxe tocou o soplo e nada máis doado que facer burbullas na auga cunha palliña. Despois fixemos unhas bolas con papel de seda e xogamos a soplalas e encestar.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)