fondo
domingo, 17 de febreiro de 2019
xoves, 14 de febreiro de 2019
XOVES ROBÓTICO
Tamén dedicamos parte do día en traballar co noso robot BEE BOT. A tarefa de hoxe consistía en lanzar o dado de letras e buscar o animal que comeza por esa letra. DEspois había que guíar ó robot ata ese animal. Por ahora facémolo en varios pasos
MÉRCORES entre animais e tics
Como todos os días comezamos dándonos os bos días e situándonos no día no que nos atopamos.
Despois aproveitamos a canción de Bartolito, moi coñecida por todos, para traballar cos animais da granxa. Despois de escoitala tiñamos que recordar que animais imitaba Bartolito, en qué orden e cubrimos unha ficha cas pegatinas correspondentes e escribimos o seu nome
Tamén introducín un novo xogo Tic para o que precisamos empregar a PDI e a tablet. O Kahoot é un xogo de preguntas-respostas moi sinxelo pero que gusta moito ós nenos. Por parellas, puxémonos frente a pantallas e eu axudáballes cas preguntas KAHOOT
comezamos metendo un código
aparece a 1º pregunta
Aparecen, neste caso, dúas posibles respostas identificadas con cores e formas e deberán empregar a tablet a modo de pulsador para responder a correcta. Fixéronno xenial!
Tamén aproveitamos un ratiño que nos quedou antes de irnos para traballar ca codificación axudando o coello pirata a atopar o seu tesouro.
mércores, 13 de febreiro de 2019
MARTES MATEMÁTICO...
Comezamos a xornada co encargado de realizar o día e marcar no calendario, contanto cantos días levamos de mes
Despois toca un repasiño os números máis baixos, base do resto, que xa teñen case todos dominado. Fixemos un pequeno xogo de dedos no que eu amosaba unha cantidade de dedos e eles dicían a qué cantidade correspondía e o fixeron moi ben (incluso cos "chulitos" que son aqueles números que a profe Lucía lles ensinou que cambiaron de nome. En lugar de ser dieciuno, diecidos...chámanse once, doce...)A continuación o xogo da Bolsa de caramelos. Que mellor maneira de traballar as cantidades cun dulce, e se o facemos ben gañamos un.
Primeiro separamos por sabores e logo analizamos de que sabor hai máis, de cal menos e cantos hai de cada un. Facemos as grafías e bocado dulce😋
Tamén fixemos unhas actividades relacionadas con letras, nas que había que escribir varias palabras escollendo a letra correspondente
![]() |
| 9letras.wordpress.com |
martes, 12 de febreiro de 2019
LUNS DE VOLTA....
Este luns retomamos as tarefas habituais despois de que me contaran toooodo o que estiveron facendo na miña ausencia. Foi Jesús o encargado de mirar que día era hoxe no calendario e escribilo na pizarra coa nosa axuda. Despois tocou recordar as cancións de bos días e botar de menos ós nenos que non viñeran ó cole.
E como non podía faltar, un ratiño de gavetas nas que seguimos repasando as grafías dos números e as cantidades, construcción das grafías, os nomes dos compañeiros, as iniciais, os matices das cores, a psicomotricidade fina ca chave inglesa e o destornillador...
Este trimestre tiñamos programado comezar co proxecto "Animais da granxa" e xa fixeran ca profe Lucía unha iniciación do mesmo, creando un recunchiño para colocar os animais que temos na clase da granxa. Nós demos continuación cun par de fichas para escribir entre todos o nome dos catro animais máis típicos das granxas e xa o fan moi ben. Neste trimestre notóuselles moita melloría tanto no trazado de letras como no recoñecemento dos sons que forman parte das palabras polo que xa saben escribir moitas palabras soliños.
TAmén fixemos un laberinto, que lles axuda moito na orientación espacial, para axudar o coelliño a chegar ata a herba. Coma sempre, aproveitamos para traballar 1º co dedo, lápiz, rotulador e punzón. E finalmente poñer o nome do animal.
E antes de marchar e rematar o día non podía faltar a nosa despedida co xogo do cohete no que temos que facer unha conta regresiva. É unha maneira amena de traballar os números do 10 ó 1 e ademáis o ter varios niveis pódese adaptar os niveis de cada neno. Algúns só queren sair nos máis complicados!
luns, 11 de febreiro de 2019
LISTADO DE AUGA...
O primeiro listado para traer auga ó cole deuse por rematado en xaneiro e creo que non se fixo renovación do mesmo, así que vouvos pasar o novo listado:
OBRADOIROS CAS FAMILIAS
Xa estamos de volta con moita enerxía así que toca organizar os obradoiros dos que vos falei ó inicio de curso. Básicamente consiste en que catro papás-mamás veñen un venres durante unha hora e media (de 10 a 11:30 os xogos durarán unha hora pero sempre fai falta un ratiño de organización, recibimento e despedida) para compartir connosco uns recunchos de xogo. Cada papá-mamá será o encargado de dirixir un recuncho-xogo e cada 10-12 minutos un grupo de nenos rotará, pasando así nesa horiña polos catro recunchos. Pasareivos un calendario ca organización en canto teña as vosas posibilidades. Se queredes vir máis de un por neno avisade se vos organizades mellor vindo xuntos ou en días separados.
Que precisamos?
1. OS VOLUNTARIOS. Se vos apetece vir tedes que mandar a través dos nen@s unha notiña (ou por email) decindo quen vai vir, e algunha observación que vos interese (algún día concreto que podedes dispoñer, se vides varios mellor xuntos ou separados, se sodes especialistas nalgún xogo que prefirades, se se vos ocurre algúnha idea...)
2. OS RECUNCHOS. Nas primeiras sesións e para tomar contacto de cómo funcionan os recunchos imos xogar ós seguintes xogos:
Que precisamos?
1. OS VOLUNTARIOS. Se vos apetece vir tedes que mandar a través dos nen@s unha notiña (ou por email) decindo quen vai vir, e algunha observación que vos interese (algún día concreto que podedes dispoñer, se vides varios mellor xuntos ou separados, se sodes especialistas nalgún xogo que prefirades, se se vos ocurre algúnha idea...)
2. OS RECUNCHOS. Nas primeiras sesións e para tomar contacto de cómo funcionan os recunchos imos xogar ós seguintes xogos:
- A TARTA DE CUMPLEANOS. Este ano todos vamos a cumplir 5 anos (xa temos unha cumpleañeira pero no xogo volveraos a cumplir 😀) e temos que ser os primeiros en colocarlle a nosa tarta cinco velas.
- XOGO DO UNNO. É un xogo de cartas nos que os nenos por turno teñen que ir botando ó mazo as súas cartas ben da mesma cor ou co mesmo número.

- LINCE. Este xogo consiste en buscar nun taboleiro no que aparecen moitas imaxes unha dada, o primeiro en atopala coloca a súa ficha. Gaña o primeiro que coloque no taboleiro as súas tres fichas.

- SORPRESA. Hai un cuarto xogo que todavía está sen decidir 😉
Empezaremos canto antes... ESPERÁMOSVOS!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)










































