fondo

sábado, 20 de outubro de 2018

CONXUNTOS EQUIVALENTES E SERIES

O Venres estivemos traballando un pouquiño o recoñecemento das cantidades unindo os platos que contiñan a mesma cantidade de elementos. A actividade sempre leva unha comprobación para evitar confusións visuais "as veces os ollos engañan" Se vos fixades ben as cantidades traballadas son todavía do 1 ó 5 porque aínda que algúns xa o sabemos outros aínda nos custa un pouquiño polo que temos que seguir reforzando.








Despois aproveitamos este material de outono que lles gusta moito para recordar as series de dous elementos que facíamos o ano pasado e xa as temos totalmente aprendidas
Asi que toca un pasiño máis, unha serie de tres elementos, neste caso foi Paula a encargada de dar comezo a mesma...



Genial!


Eso levounos a observar que unha das filas era máis longa ca outra...


xoves, 18 de outubro de 2018

MAZÁ CON ARTE...

Estivemos facendo unha mazá de outono moi artística. O primeiriño de todo poñer os mandilóns, que xa o facemos moi ben sobre todo axudarnos uns os outros. Unha vez preparados tocounos estampar con corchos as tres cores das mazás: vermello, amarelo e verde. Noutra sesión, xa que era necesario deixalo secar, intentamos montar o puzzle da mazá e adornámolo con follas taladradas...





A parte de montar o puzzle parecía doada (soamente eran catro pedazos!) pero a algún resultoulle un pouco liosa...sobre todo cando botaban pegamento antes de saber montalo😅








E aquí están as nosas obras de arte, adornando a nosa porta...Mirade qué vistosas!

mércores, 17 de outubro de 2018

MATEMÁTICAS DE OUTONO...

Fixemos unha conta matemática co elementos propios do outono: follas, ourizos cacho, buhos, setas...Por parellas, e logo dunha pequena demostración o grupo enteiro, analizamos o noso bote con cousas do outono: xuntamos, contamos, equivalemos e representamos.




E despois de recoller...Mirade que ben enroscan as alfombrillas!...tocou facer algún xogo de equivalencia na pantalla.



E aproveitamos tamén para recordar cun xogo online as series do estilo AB AB...aínda que as veces teñen problemas coa pantalla ¡non funcionan eses dedos!😋



martes, 16 de outubro de 2018

RECUNCHOS

Onte estivemos facendo varias actividades nos recunchos. Normalmente, un dos recunchos conta coa miña axuda e os outros, unha vez explicada a actividade, traballan en equipo...pero as veces é complicado e reclaman a miña presenza constantemente. Por isto, estamos traballando nos equipos e a axuda entre compañeir@s

1.RECUNCHO DE PUZZLE. Neste recuncho tiñamos un puzzle moi especial: unha foto dalgúns nenos da clase que empregamos para actividades de conteo. Aínda que non era complicado, soamente tiña 4 pezas, algún costoulle un pouco.
2. RECUNCHO DE LETRAS. Neste recuncho contaban coa miña axuda xa que tiñamos varias fases. Primeiro recortamos pedaciños de papel que servirían para rellenar a letra A. Despois de rellenar a letra tiñan que recortar debuxos que comezan pola A (reforzamos primeiro o coñecemento do vocabulario e o son da letra incial para ir traballando a conciencia fonolóxica)



3. RECUNCHO DE GALLETAS. Traballamos coa plastilina pero hoxe tiñamos que facer galletas! 


4. RECUNCHO DE PINTADO CON MANLEY. E non podía faltar un recuncho de creación libre, neste caso, empregando pinturas Manley "manchonas"




sábado, 13 de outubro de 2018

CLOE CUMPLE 4 ANOS...


 O xoves 11 de outubro Cloe cumpliu 4 anos...xa soamente queda unha nena de 3 anos. Empezou o día con que non quería cumplir jaajajjajajaj pero cando fixemos a coroa e tocou soplar as velas todo era alegría 😁











EXPERIMENTO DE OUTONO: A MAZÁ

Arrancamos co noso primeiro experimento coas mazás por ser un dos froitos do outono. Despois de coñecer un pouquiño como é unha mazá: partes, a súa árbore, flores, semillas... fixemos un experimento o venres que puidemos comprobar pasado o fin de semana. Quixemos descubrir cal era a mellor maneira de conservar unha mazá aberta e tiñamos catro opcións: aire, auga, vinagre ou limón. Fixemos unha primeira conxetura...quén acertará? 



 E aquí tedes o resultado: os pedaciños que se atopaban en vinagre e auga puxéronse máis "naranxas" ou marróns, o que estaba con aire encolleu e o que se atopaba no limón segue igual de blanquiño 😂



Despois decidimos retiralos do líquido e probalos. Cada ún probou o que lle parecía... menudas caras! Só un se decantou polo vinagre...pero casi non lle chegou á lingua 😊 Finalmente, se queremos conservar unha mazá sen que se oxide teremos que metela en limón...aínda que despois saberá algo ácida. Teño que dicir que a que estaba "ó aire" e a de auga gustoulles igual 😉