fondo

luns, 26 de febreiro de 2018

MÁIS XOGOS DE ASAMBLEA: cantidades e espacio

O curso vai avanzando e van a parecendo novos retos os que se teñen que enfrentar. Hoxe tiñamos que contar os insectos que había na bandexa pero sen sacalos da mesma senón que empregamos tapas para representar ese conteo. A idea é entender de onde saen as grafías, en principio sen significado propio, e a axuda que nos aportan os números para representar cantidades dunha maneira rápida.


fixemos comprobacións entre tapas e insectos

¿de qué insecto hai máis? ¿menos?

intentamos escribir as grafías para representar cantidades

Tamén xogamos co espacio e a nosa amiga a Toupiña. Primeiro a demostración "a toupiña está ENCIMA  da silla" "atópase DEBAIXO" "DETRÁS-DIANTE " "A UN LADO-A OUTRO", despois eran eles quen dicían onde colocara a toupiña e finalmente saíron eles a colocala... témolo bastante claro...case todos...jajajaj sempre hai algún despistado.



Por último tocaba romper un pouco os esquemas e ser eu a referencia... pero claro se eu xiro a toupiña, sen moverse, atópase diferente con respecto a min ¡qué lío!

A COR AMARELA

Hoxe fixemos unha nova páxina do noso libro de cores: o amarelo, amarillo ou yellow
Na primeira parte tocou facer os raios do sol que ademáis hoxe quentáronnos no patio e despois xa libre...algún tan libre se viu que pintou as mans 





 Cando chega o momento de libre aparece de todo: raias, encher todo o blanco, manchas ou puntos, intentar debuxar, escribir o nome...






O PROTAGONISTA DA SEMANA: KILIAN

Arrancamos unha nova semana e un novo protagonista. Esta é a semana de Kilian e aínda que todavía non nos trouxo nada fixemos a súa coroación e algunhas tarefas en torno a él.
intentando compoñer o seu nome

axudámolo un pouquiño

Contamos as súas letras e recordamos o animal que comeza igual que Kilian

Tarefa das pinzas

Tamén estivemos facéndolle preguntas da súa vida ¿cómo se chama mamá? ¿papá? ¿o avó? ¿cántos anos ten? ¿algúnha mascota? Vimos que o nome do seu papá comeza igual que Pablo e Paula,  o da súa mamá igual que Efrén, e o do seu avó Moncho igual que Mauro e Martina

domingo, 25 de febreiro de 2018

3º VENRES DE LECTURA COS MAIORES

Outro grupiño dos nen@s de 6º de primaria compartiron connosco un anaquiño do seu tempo para lernos os seus contos favoritos de cando eran pequenos. Este venres estiveron connosco Ricardo, Nerea, Ania, Uxía e Roi






O PROTAGONISTA DA SEMANA: LUCAS 3

Chegou o último día do protagonista desta semana e tocábanos facer as últimas páxinas do seu libro:
A súa cor favorita é o vermello


Tamén se encargou de realizar a tarefa das pinzas

E ensinounos o puzzlo da patrulla canina que trouxo.


 
A primeira vez costounos un pouco aínda que Lucas xa o fai nun momentiño, pero xa a segunda vez que o fixemos foi todo máis rápido. ¡Aprendemos moi deprisa!

E así quedou o seu libro de protagonista
















xoves, 22 de febreiro de 2018

COPOS DE NEVE...

No noso libro de INVERNO non podía faltar un copo de neve e aquí o tedes. Estivemos dous días traballando nel e xa o acabamos. O caso é que non nos colle nun folio... a ver que pensamos para incorporalo ó libro
Éste era a mostra que apareceu pola mañá 

Empregamos as series para facer a primeira fila