fondo

domingo, 12 de marzo de 2017

PALABRA SECRETA...

Na última ronda de traballos por parella, unha das tarefas era a PALABRA SECRETA na que tiñamos que completar unha folla de traballo sobre a palabra secreta que atopáramos no buzón que temos na clase. Esta actividade sirve para traballar varios aspectos importantes no acceso a lectoescritura:

  • Copiar  a  palabra
  • Lectura da palabra (contamos coa axuda da profe e dos compañeir@s)
  • Debuxo da mesma
  • ¿Cántas sílabas ten?
  • ¿Cántas letras ten)
  • Escribir tres palabras que comecen igual

Completada a ronda na que traballamos esta actividade pasa a ser unha actividade individual que realizaremos todos os luns. Cada nen@ contará cunha palabra diferente. 
En casa podemos facer pequenas actividades que permiten un acercamento a este coñecemento dunha maneira moi lúdica. Aquí vos deixo algunhas ideas:
  • Palabras ou mensaxes na neveira con letras magnéticas (palabras de tres letras: oso, uña... e palabras de 4 letras, sílabas directas: gato, loro...)
  • Palabras escritas nos espellos
¿Tedes algún xogo na vosa casa relacionado? Podedes contárnolo nos comentarios.


(Fonte orixinal: http://elrincondeinfantildemanuel.blogspot.com.es/2016/02/palabras-secretas.html  y http://auladelamaestralaura.blogspot.com.es/2016/12/palabras-secretas.html)



Ningún comentario:

Publicar un comentario