fondo

domingo, 12 de marzo de 2017

OBRADOIRO DE INVERNO....

Para "celebrar" o inverno fixemos un boneco de neve. A primeira parte foi preparar a base na que posteriormente pegaríamos o boneco de neve. Esta parte ten certa maxia xa que nun folio en branco debuxamos trazos con cera Manley branca  e logo pintamos con acuarela azul enriba vendo aparecer os trazos. Aínda que é unha actividade que realizamos en outras ocasións aínda ten unha certa emoción pola "maxia" que se produce.
Mentres a base secaba traballamos cos círculos que formarían os bonecos de neve. Un concepto matemático tan básico como é o tamaño pode xerar certos "problemas". É necesario comprender que os conceptos grande, pequeno e mediano non teñen sentido, matemáticamente falando, se non se definen na expresión da relación entre dous ou máis obxetos. Así, puidemos comprobar como segundo os círculos que lles ensinase un mesmo círculo podía ser grande, mediano ou pequeno.
Entendido este pequeno xogo de despiste recortamos os círculos e os colocamos de maior a menor na base. Xa só nos faltaban a bufanda, nariz, ollos e brazos...




















Ningún comentario:

Publicar un comentario