fondo

domingo, 19 de marzo de 2017

4º RONDA DE PARELLAS...

Seguimos traballando moitísimo con diferentes actividades en parella e mentres xogamos descubrimos un montón de cousas. Algunhas tarefas resúltannos máis entretidas ca outras, según os nosos gustos, e  temos que lidiar con diferentes problemas tanto referidos as tarefas como @ nos@ compañeir@. A resolución dos direferentes contidos é esencial pero tamén o é o respeto e traballo cordial ca parella. Aquí tedes as últimas tarefas nas que andivemos liados pero sen olvidar que unha vez rematadas, e dado que unhas son máis rápidas ca outras, podemos ocupar o tempo facendo outras anteriores.


1. Retomamos o MINIARCO como recurso valiosísimo que nos permite traballar todo tipo de contidos, dende lóxica-matemática (conteo, relacións de causa-efecto, atención, conciencia fonolóxica...) e ademáis é autocorrectivo. (Incluso cando tratan de facer trampas están traballando aajja)

2. Traballamos a organización espacial a través dun xogo de coordenadas. Neste primeiro momento temos que encher en cada tarxeta as coordenadas nas que se atopa cada animal (Pex: D2, D4...) Nunha posterior actividade poderíamos xogar ó estilo "HUNDIR A FLOTA"

3. Nesta actividade combinamos o traballo de recortado en línea recta e taladrado co traballo de cantidades. Teñen que repasar o número punteado, taladrar tantas casillas como a cantidade representada no número, recortando as casillas sobrantes, e finalmente pegalos nun folio a modo de escaleira.

4.GRAFISMO na pizarra. O traballo dos músculos do brazo, man e dedos para unha maior precisión na escritura debe facerse empregando diferentes materías e bases, así como posicións. Nesta ocasión empregamos a pizarra blanca que aporta moita amplitude e os rotuladores, menos resistencia, ademáis do traballo de pé, evitando a posibilidade de apoiar a cabeza no brazo como fan algúns cando están sentados. O grafismo era libre e realizaron trazados clásicos ( líneas onduladas, en zig-zag, rectas, formas xeométricas...) debuxos así como escritura.

5. Puzzle en parella. A funcionalidade dos puzzles é moi importante en canto o traballo na orientación espacial (pex: é unha parte fundamental na escritura de letras)A semana pasada fixemos a semana dos puzzles cos que temos na aula e algúns que nos prestaron nen@s da clase. Vense diferentes maneiras de afrontar a súa construcción e é importante guialos hacia un traballo máis eficaz dando ideas: fixarse nas partes planas que teñen (estas pezas forman o marco do puzzle), centrarse en partes do puzzle (un persoaxe).

6. Cantidades con palillos. Esta actividade consiste en descubrir cantos palillos ten Rubble en cada tarxeta. Para iso, collemos a mesma cantidade que amosa a tarxeta, contamos, marcamos a cantidade e escribimos o resultado na folla. Finalmente comprobamos co código QR o resulado.

7. Bandexas de Sal. Esta é unha das actividades que máis lles gustou. Tiñan a súa disposición unha bandexa individual chea de sal na que podían facer trazos, enchelos con pedras e volta a empezar. É moi interesante polas sensacións que se producen na man e dedos axudando na mellora da escritura.

8. As carreteras. É un xogo de organización espacial. Conta con diferentes pezas e unhas tarxetas modelos que deben montar. Resultoulles un pouco difícil ó principio, pero con un pouco de axuda foron capaces de facer a maioría das plantillas.


9. KAHOOT. Traballamos con esta aplicación que xa vos presentamos noutra ocasión, pero neste caso en parellas. As tarefas eran de conciencia fonolóxica: sílabas inicias ca P ou M, recoñecemento de palabras de tres letras e partes do corpo.
10. Onde dí... Xogo de tarxetas onde se amosa unha imaxe e catro palabras. Teñen que marcar cunha pinza a palabra correcta. Na parte de atrás poden comprobar se acertaron ou non. Se remataban pronto a actividade empregaban as pizarras para copiar algunhas palabras.


Como vedes traballamos sen descanso e empregando distintos recursos, facendo así un traballo menos monótono e máis atractivo. Nesta ocasión, ademáis, cambiamos de parellas e aínda que a algúns nun primeiro momento non lles convencía co paso dos días ninguén se volveu a queixar.

Ningún comentario:

Publicar un comentario