fondo

sábado, 4 de marzo de 2017

3º RONDA DE TRABALLOS POR PARELLAS...

Esta semana rematamos a 3º ronda de traballos en parellas. Aquí tedes unha pequena introducción dos mesmos:

  1. PALABRAS BISÍLABAS con sílabas directas. Traballamos a conciencia fonolóxica cas palabras máis sinxelas de dous sílabas directas. 
  2. PSICOMOTRICIDADE FINA: clasificación de garavanzos, pasta e fabas. Teñen que clasificar pequenos obxetos empregando unha culler, traballando así unha maior precisión e experimentación libre coa báscula.

  1. COSIDO. Consiste noutra actividade de presición na que contan cun bastidor e agullas con lá. A misión é un primer acercamento a esta tarefa e resolución dos problemas máis típicos: cruce de fíos, tirar da lá...
  1. ZAPATILLA NUMÉRICA.  ¿quen conseguirá os seis números primeiro? Afianzamos o concepto de cantidade-grafía empleando un dado e a zapatilla con números para enroscar (así tamén seguimos traballando a psicomotricidad fina)
  2. PALABRAS 3 LETRAS. É a 3º parte de anteriores actividades (caixa rosa de Montessori e ovos sorpresa) Contan cunha ficha de nomes e outra ficha para recortar cas imaxes correspondentes. A actividade consiste en ler e ir pegando onde corresponda as imaxes. Finalmente, a corrección faise ca lectura do código QR.
  3. TABLET. Esta vez empregamos as tablets para facer puzzles, unha actividade moi boa para traballar a organización espacial.
  4. ORDENADOR. Actividades matemáticas: conteo de dedos, pescando pulpos e la tabla del 10. Estes xogos podédelos atopar no lado dereito do blogue, no apartado Xogos online
  5. "INDIOS DESPLUMAOS" É unha actividade matemática na que os nen@s colocan plumas os índios e a grafía e número de puntos correspondente.
  6. PALABRA SECRETA. No buzón poden atopar unha palabra secreta que deben ler e cubrir a ficha correspondente: pegar a palabra, copiala, debuxala, ¿cántas sílabas? ¿cántas letras? e escribir tres palabras que comecen igual.
  7. CAIXA SONORA. A caixa sonora é unha actividade estupenda para traballar a conciencia fonolóxia, os sons inicias das palabras. Xa a empregamos noutras ocasións pero esta vez renovamos os xoguetes.


Ningún comentario:

Publicar un comentario