fondo

domingo, 4 de decembro de 2016

XOGOS NA PDI...

Durante a semana empregamos varios xogos online que nos sirve para seguir traballando os diferentes obxetivos. Na marxe dereita do blogue podedes atopalos para xogar na casa. Aquí vos deixo algúns dos utilizados nas últimas semanas.


  1. Contando dedos. Este xogo traballa o conteo ata o 10 empregando os dedos. ¿cantos dedos hai en total? ¿cantos nunha man? ¿cantos noutra? De esta maneira traballamos  as distinas composicións numéricas ata o 10, así: 3+2 son 5 pero tamén 0+5 son 5... dunha forma lúdica 

 conteo DEDOS

CLICK na imaxe para xogar

  1. Xogos de pensar. Neste xogo tes que ordear as pelotas da máis pequena a máis grande, pero cunha peculiaridade, para mover unha pelota tes que darlle a pelota que ten a dereita. Aínda que nun principio parecía un pouco complicado enseguida colleron o truco.

CLICK na imaxe para xogar
  1. Lanzador de albóndigas. Neste xogo traballamos o conteo con axuda. Temos que axudar a George a servir albóndigas segundo un número dado.


Ningún comentario:

Publicar un comentario