fondo

xoves, 8 de decembro de 2016

CORTOS DE EMOCIÓNS...

Todos os venres dedicamos un ratiño a ver un corto emocional e falar das emocións e as accións que pasan nel. ¿Por qué é tan importante isto?
Actualmente en el campo de la educación emocional, el trabajo educativo, en la familia y en la escuela, no tiene como objeto reprimir las emociones, sino conocerlas, saberlas utilizar para el desarrrollo y la motivación personal y también aprender a controlarlas cuando amenacen con desbordarnos.Manuel Segura
Cos cortos emocionais, neste caso, imos vendo os conflictos que se presentan e a resolución dos mesmos. Normalmente, vemos o corto enteiro e despois falamos, volvendo a reproducir certas secuencias nas que se amosaban os conflictos, nas que podemos distinguir as emocións básicas, e onde podemos dar solucións. ¿era correcto o enfado? ¿cómo se atopa o protagonista? ¿cómo o solucionarías ti? ... Definíndo o problema estamos traballando o pensamento causal (capacidad de diagnosticar ben un problema, un conflicto), unha posterior búsqueda de solucións xeran un "torbellino de ideas" que exercitan o pensamento alternativo (capacidade de imaxinarse solucións diversas sen deixarse levar nin polas reacións agresivas nin polas reacións inhibidoras). O seguinte paso é o pensamento consecuencial, cales son as consecuencias posibles ás solucións dadas.

Aquí vos deixo algúns dos xa visualizados xa que os nen@s gústanlle moito e queren volver a velos:

CUERDAS


EL PUENTE

PÁJAROS
MONSTERBOX


Ningún comentario:

Publicar un comentario