fondo

martes, 6 de decembro de 2016

Recunchos....

 Esta semana xogamos a....

  • Recuncho da Natureza. Seguimos probando froitos do outono: pistachos e almendras. Son froitos secos, con cáscara aínda que normalmente as almendras se compran sen ela. Pelaron e probaron ambos froitos e traballamos oralmente algunhas das diferencias: tamaño, textura da cáscara, cal nos gusta máis...finalmente debuxamos e escribimos o nome dos mesmos. Neste caso a escritura fixérona eles sen a miña axuda e o finalizar o tempo dos recunchos, entre todos escribimos as palabras correctamente no encerado.



  •  Traballo da atención co xogo do "lynce" versión de Eureka kids. Teñen que estar moi atentos a ficha que saca o encargado do grupo para poder encontrala no taboleiro primeiro. O que poña as súas tres fichas gaña a partida.
  • No Recuncho da Lóxica-Matemática traballamos co clásico xogo UNNO.  É un xogo de cartas que consiste en conseguir acabar as túas cartas primeiro. Para iso, e por turnos, poñemos no mazo da zona de xogo unha carta que teña o mesmo número ou color que o dado.  
  • Finalmente, no Recuncho de Língua estivemos unha vez máis traballando cos nomes dos compañeiros pero dunha forma moi divertida, xogando o KABBOO!  Por turnos, van sacando un palo co nome dun compañeiro que se o saben leer (se o recoñecen) gañan pero senón teñen que volver a poñelo no bote. Pero cando lles sae o palo ca palabra Kabbo perden todos os gañados. É unha maneira moi divertida de prácticar a lectura, neste caso cos nomes dos compañeiros, a vez que temes que che toque o pao kaboo!









Ningún comentario:

Publicar un comentario