fondo

domingo, 4 de decembro de 2016

Recunchos da semana...

Esta semana estivemos traballando....
  • Recuncho de Língua. Estivemos terminando o libro dos compañeiros. Reforzando un pouquiño máis o recoñecemento dos nomes así como a cohesión de grupo, xa que resulta unha actividade moi placenteira na que disfrazamos a uns, poñemos narices de pinocho a outros...



  • No rincón da Natureza estivemos probando novos froitas de outono: a laranxa, moi coñecida por todos e o Kaki. Probamos, debuxamos, ¿cal pesa máis? recoñecemos táctilmente distinguindo entre a corteza suave e lisa do kaki e a rugosa da laranxa e algún foise cunha nova froita para pedirlle os papis na casa,


  • No Recuncho de Arte-plástica estivemos traballando coa plastilina de forma libre. Este material é moi tradicional nas aulas de infantil pero moi versátil. Permite o traballo da forza das mans e dedos principalmente así como o desenvolvemento da creatividade. Unha das cousas que lles gusta facer, de maneira universal, son as tartas de cumpleanos. 

  • Recuncho de Lóxica-matemática. Estivemos xogando cos puzzles coa axuda de Sofía, que está facendo as prácticas da carreira con nós. Os puzzles son unha actividade esencial para a organización espacial. Para esta actividade @s nen@s poñen en práctica moitas estratexias que lles axudan a realizar con éxito a mesma: empezar polo marco do puzzle dándonos conta de que as pezas cunha zona plana van na parte de fora, guiarse polo debuxo do puzzle ou ir montando de forma independiente as persoaxes para despois ir uníndoos. É importante que cada quen empregue a forma que lle resulte máis cómoda pero nalgúns casos debemos axudalos a probar varias formas ata que atopen a que máis lles axuda persoalmente.

Ningún comentario:

Publicar un comentario