fondo

xoves, 23 de novembro de 2017

A NOSA INICIAL...

Hoxe descubrimos a nosa inicial. ¡Mirade que chulas nos quedaron!
ADRIÁN

KILIAN

LEO



MAURO

A de Paula tivémola que retocar porque non encheu todos os ocos e non ía saír ben.
SERGIO


MARTINA
 TATIANA


EFRÉN
PABLO


mércores, 22 de novembro de 2017

A INICIAL DO NOSO NOME...

No traballo co nome propio vamos descubrindo as letras que forman parte do noso nome xunto cas tarefas que facemos de recoñecemento global do mesmo durante a Asamblea en outras tarefas que xa vos ensinei noutras entradas. Hoxe tocou un pouco de arte e emburnámonos un poquiño ca pintura e o pincel ¡que nos encanta! Algún ata se enfadou porque se nos acabou o tempo e quería máis...
A ficha estaba preparada ca inicial de cada nen@ e tiñan que colorear todo o folio, aínda que algún comezou coloreando únicamente a inicial. Cústanos un pouquiño a norma de non mezclar cores nos botes, senón cambiar de pincel cando cambiamos de cor.





Mañá veremos o resultado...

Tamén estivemos facendo na pantalla un xogo de orientación espacial co que traballamos a orde dos obxetos (animais ou froitas) e tamén a direccionalidade da escritura. Esto resulta fundamental cando  queremos escribir unha palabra como pode ser o noso nome no que contamos cunhas letras determinadas, nunha orde establecida


martes, 21 de novembro de 2017

FACEMOS PLANTACIÓNS... E O NOSO PRIMEIRO EXPERIMENTO

Dentro do proxeto de Voz Natura, este ano decidimos facer plantacións de distintas semillas para poder facer una plantación posterior no patio do cole. O primeiro de todo foi CLASIFICAR as semillas e axudar a algún neno ou nena que por despiste ou porque sí non as colocaba no sitio que, en principio, parecía axeitado.

Amoso o xogo...

Neste punto pasou unha cousa curiosa, un neno dixo que unha bandexa era súa e outro contestoulle ¡pero si é rosa, é de nena! Aproveitamos este momento para falar da cor "lila" e de que as cores non son de nenos e nenas, senón que poden gustarnos máis ou menos. 

Posteriormente a clasificación, falamos dos nomes dos froitos e das árbores que dan esos froitos. Finalmente, fixemos o noso primeiro experimento (que nos levará un tempiño ver o resultado). Colocamos as sementes debaixo dun algodón que despois mollamos. Algunhas delas foron previamente molladas durante 3 días e outras secas. ¡Incluso puxemos unhas sen mollar nadiña... ¿Que semilla xerminará ? ¿Cal o fará primeiro? Agora toca a espera e coidado de que se manteña húmido o algodón. Cada día marcamos un X para contar os días que lles leva... ¿saldrá algo?




sábado, 18 de novembro de 2017

CLASIFICAR E SERIAR...

Un concepto matemático importante que estamos a traballar é a clasificación. Clasificamos obxetos de maneira intuitiva: primeiro amóselles o meu xogo (clasifico en dúas bandexas sen dar unha explicación verbal) e pídolles que eles e elas continúen o meu xogo. Desta maneira podemos observar as ideas previas que teñen uns e outras e así traballar dende ese punto. O de clasificar resúltanos para a maioría bastante claro: coches con coches e construccións con construccións; animais e coches; por cores; animais e pezas; nenos e nenas... aínda que algún todavía non usa o mesmo criterio (e tampouco sabe explicar porque o fai de esa maneira e non outra)
clasificación por cores

clasificación coches ou animais


clasificación nenos e nenas

 Unha vez que facemos dous grupos por clasificación podemos SERIAR, colocando un obxeto de cada grupo de forma alternativa. Aquí comeza de novo o meu xogo, que deben tratar de adiviñar intuitivamente, sen ningunha orde dada.





 O primeiro resultado é colocación aleatoria. Asi que probamos con outra clasificación e a súa seriación:

Así comezo eu...

 O resultado tampouco parece o esperado (aínda que o máis importante é ir descubrindo cales son as súas ideas e razoamentos para poder traballar a partir delas)

Finalmente, e coa axuda de algúns que xa se atopan nese punto de razoamente, podemos chegar a facer unha boa seriación.
seriación nena-neno (feita por Mauro)

Entretanto, seguimos falando de MOITOS-POUCOS e MOITOS-UN: na aula somos moitos nenos e poucas nenas, hoxe estamos no cole moitos nen@s e ún neno na casa...

mércores, 15 de novembro de 2017

RECUNCHOS DO DÍA...


Hoxe fixemos unha sesión de Recunchos. Neste caso contamos con catro recunchos nas que fomos rotando e pasando por todos. Normalmente, a duración de cada ún é duns 10-15 minutos dependendo un pouquiño das tarefas propostas e o tempo que nos leva completar a actividade máis complicada.
No recuncho de Lóxica-matemática estivemos intentando facer uns novos PUZZLES máis complicados. Xa non é só colocar nos ocos as pezas senón montar imaxes de 6 pezas. A algúns saliulles moi ben e outros todavía non sabían exactamente como funcionaban pero con un pouquiño de axuda fómolos completando.

No Recuncho das Ciencias estivemos a xogar cos ANIMAIS e os bloques lóxicos (neste caso exclusivamente como pezas de construccións para facer cabanas...)


 No Recuncho das Artes Plásticas estivemos a xogar coa PLASTILINA que, como xa sabedes, é un exercicio moi bo para traballar a forza das mans e dedos que logo escribirán con maior precisión, ademáis de desarrollar a súa creatividade.


E o derradeiro Recuncho estivo destinado ó traballo sobre o OUTONO. Recoñecemos unha froita típica do outono e mezclamos varias técnicas plásticas. Primeiro comezamos punzando algunhas uvas coa idea de deixalas ocas e poñer debaixo papel brillante (a algúns custoulles un pouquiño e o tempo fíxosenos escaso). Despois fixemos boliñas de papel seda verde e fomos enchendo as uvas, poñendo cola. Esto último é o que máis lles gusta 









martes, 14 de novembro de 2017

ASAMBLEA...

       Xa estamos a mediados de novembro e as rutinas diarias están cada vez máis afianzadas, o que nos permite ir introducindo novos xogos nese primer momento no que chegamos a clase, nos saudamos, cantamos a canción dos Bos días, e Doña Semana...

     Primeiro nomeamos a tódolos compañeir@s da clase (BITS cas fotos e nomes) e despois a modo de baralla, collemos unha foto e colocámola na columna da casa ou cole. Aproveitamos para comparar os grupos (¿quen ten máis e quen ten menos? ¿onde hai moitos e onde poucos?) e tamén para botar de menos os nosos compañeiros que non veñen porque están maliños.
 Hoxe engadimos unha segunda parte que consiste en xuntar a foto-nome coas outras tarxetas que temos máis pequenas tamén co nome e a foto.
Tamén os puxemos en línea recta e comparamos cal era a máis larga e a máis corta:

Os novos xogos que engadimos esta  semana teñen como protagonista a nosa EDI (encerado dixital interactivo). Colocamos as fotos dos compañeir@s no cole ou na casa
 Xogamos cos nomes a adiviñar de quen é. Despois comprobamos baixando a cortina

 Facemos xogo de VEO-VEO  para traballar a atención ca temática do outono

 Repasamos o nome dalgún compañeir@

 Ou ordeamos as letras...





 E tamén intentamos adivinar que BICHO está agochado debaixo da cortina que vai baixando despaciño:

Noutros momentos do día, xa que non aguantan moito tempo na mesma actividade, retomamos outras tarefas: vocabulario de cores, de partes do corpo, de discriminación auditiva (buscar o que escoitas), de discriminación visual (buscar a figura igual ó modelo dado) ou as relacións lóxicas...