fondo

mércores, 17 de xaneiro de 2018

O PROTAGONISTA DA SEMANA: MAURO 3

O mércores continuamos descubrindo as cousiñas da caixa... GÚSTANLLE MOITO OS CONTOS e trouxo un montón deles para ensinarnos.... e ata se atreveu a contarnos algúns


Chibos chibóns

Animalario


Ensinounos tamén a súa revista de Frisonas

Contounos o conto de O cazo de Lorenzo e tamén nos ensinou uns de música
 paco y el rock-magali le huche-9788408157373    paco y la orquesta-marion billet-9788408135975  Resultado de imagen de el cazo de lo

martes, 16 de xaneiro de 2018

O PROTAGONISTA DA SEMANA: MAURO 2

Volvemos a abrir a caixa do PROTAGONISTA para amosarnos de novo as páxinas do seu libro

Ensinounos un mapa de España no que aparecen as distintas galiñas que hai no territorio


Tamén trouxo dous xogos que lle encantan...  UN ALFABETO que nos ensinou e decidiu darlle a cada compañeir@ a tarxeta ca súa inicial asi que neste aproveitasmos para traballar outras palabras que comezan igual que o noso nome ¡fíxolles moita ilusión!





E UN MEMORI que estivemos observando e co que inventamos un xogo: escoitamos o CD de música que nos trouxo e cada nen@ tiña unha tarxeta, cando deixaba de soar a música tíñamos que atopar a nosa parella de tarxeta.
continuará...

luns, 15 de xaneiro de 2018

XOGO DE EQUIVALENCIA E GAVETAS

Fixemos un xogo de equivalencias: buscar o plato que contén o mesmo número ca outro
 Comezamos o xogo coas cantidades máis baixiñas: 1 2 3 e ata aquí todo ben
 Pero cando engadimos novas cantidades... liámola aajjajjaj


Posteriormente, comprobamos se as torres que se forman eran da mesma altura ou non e démonos conta de que algúns estaban equivocados

E antes de merendar tocou un ratiño de gavetas:










Os da plastilina andaban ca matanza do porco. Cortaran a carne e ían polos chorizos  :)

PROTAGONISTA DA SEMANA: MAURO

Arrancamos a semana co comezo do noso proxeto "O protagonista da Semana" e foi Mauro e os seus papis os que deron comezo a esta actividade. Hai que dicir que, ahí onde o vedes, deulle un pouco de vergoña o principio...jajaaajaajja
Hoxe tocou coroalo como protagonista e amosounos algunha das cousas da súa caixa:
(As fotos non son moi nítidas xa que estaban moi emocionados e era difícil atender a todo) 
  • Primeiro saudou a todos os seus compañeiros cun apretón de mans e dándolle os bos días 
  •  Ensinounos as súas fotos: a mamá embarazada, recén nacido, os avós, os primos, o momento do baño....





  •  Mostrounos roupiña e obxetos de cando era bebé e aproveitamos para medir co metro a Mauro e comparalo co seu body de bebé ¡mirade cánto medrou!


  •  Tocoulle "borrat" o seu nome que previamente escribín na pizarra empregando un pincel e auga....mais que seguir os trazos emborronounos pero pouco a pouco



Tamén estivemos vendo as folliñas do Libro do Protagonista que levou para a casa...fíxonos moita gracia a súa comida favorita (algún pensou que eran fabas ajajajajja) e aproveitamos un ratiño para escoitar parte do CD de música que trouxo
 Aquí temos o Recuncho do protagonista...mañá seguiremos sacando cousiñas da caixa

sábado, 13 de xaneiro de 2018

O PROTAGONISTA DA SEMANA...

A semana que ven daremos comezo a unha actividade de coñecemento de todos os nenos e nenas da aula coa axuda das familias. Para iso, como vos expliquei na nota, tedes que recopilar algúns obxetos de cando era bebé, e outros favoritos deste momento así como fotos que lles axuden a contarnos cousas da súa vida. Encherán as páxinas que levan o venres antes da súa semana como protagonista e pensaredes nalgunha cousilla que vos apetece compartir connosco (non require moito tempo, senón compartir un ratiño co voso fill@ na aula, que sempre lles fai moita ilusión e contarnos algunha anécdota ou unha nana, canción, conto favorito...) Se isto fose moi moi complicado para algún de vós sempre pode vir outra persoa da familia: avó, avoa, irmáns...
Para que vos fagades unha idea de cando vos vai tocar a continuación amoso o primeiro turno:

Mauro..........será o protagonista do 15 ó 19 de xaneiro. O luns traerá as páxinas cubertas do que será                       o seu libro de protagonista e a caixiña coas cousas que quera compartir. O xoves 18 están convidados os seus papás a facernos unha visita (tedes que confirmar a visita do xoves e o horario que mellor vos conveña, sendo este entre as 9.35 e as 11.30 pola organización do horario)

Pablo........ será o protagonista do 22 ó  26 de xaneiro. O venres 19 levará a carpeta para cubrir as follas do protagonista.

Martina....... será a protagonista  do 29 xaneiro ó 2 de febreiro. O venres 26 levará a carpeta do protagonista.

Lucas.........será o protagonista do 19 ó 23 de febreiro.

Facemos un salto no calendario xa que o día 8 de febreiro iremos de excursión, e a seguinte semana son as vacacións de Entroido.

RECUNCHOS


Esta semana limos o conto de Hervé Tullet "Colores". Trátase dun conto interactivo moi divertido para coñecer as cores primarias e as mezclas. A partir do conto construiremos un libro de cores...
Resultado de imagen de colores de herve
Un dos recunchos desta semana estaba dirixido  ó traballo da primeira cor escollida  para o noso libro: AZUL. Empregamos rotuladores vellos para facer auga azul e un pouquiño de témpera, e os goteiros que tanto lle gustaron cando fixemos a chuvia... Traballamos a psicomotricidade fina no uso dos goteiros 


Tamén tivemos no Recuncho de Lóxica Matemática  novos puzzles. Todavía nos custan un pouquiño... e reclamaban constantemente a miña axuda.

Xogamos cos pinchos de maneira libre
E a nosa creatividade con material "non pedagóxico": tubos e pinzas