Este mércores fixéronse 21 días dende que puxemos os ovos na incubadora. Día tras día os nenos de 3 e 4 anos fomos coidando os oviños, dándolles a volta e botándolles auga para manter a humidade e ... deu os seus froitas ¡NACEU UN PITIÑO!
Así atopamos a incubadora o mércores...

Trasladámolo a unha caixiña onde lle puxemos auga, pienso e unha luz para manter unha boa temperatura
Pero non veu solo. Durante toda a tarde-noite e o día seguinte (pena de non ter clase) seguiron nacendo outros...un total de 15 pitiños de varias razas
Xa lle traslado a Mauro que aumentou a familia!!!!! Jajaja. Un tema moi interesante para el@s!!!!Graciñas unha vez máis pola túa dedicación Leti.
ResponderEliminar