fondo

sábado, 18 de maio de 2019

NACE UN PITIÑO

Este mércores fixéronse 21 días dende que puxemos os ovos na incubadora. Día tras día os nenos de 3 e 4 anos fomos coidando os oviños, dándolles a volta e botándolles auga para manter a humidade e ... deu os seus froitas ¡NACEU UN PITIÑO!
Así atopamos a incubadora o mércores...



Trasladámolo a unha caixiña onde lle puxemos auga, pienso e unha luz para manter unha boa temperatura


 Pero non veu solo. Durante toda a tarde-noite e o día seguinte (pena de non ter clase) seguiron nacendo outros...un total de 15 pitiños de varias razas




TATIANA CUMPLE 5 ANOS

Hoxe Tatiana cumple 5 anos e celebrouno connosco o pasado mércores cun rico biscoito cuberto de chocolate ¡MOITAS FELICIDADES!








martes, 14 de maio de 2019

LISTADO DE AUGA ACTUALIZADO

Tivemos que actualizar o listado para traer a auga. Estas son as novas datas:

Teo Rodríguez      __________ 20 maio
Leo Rodríguez      __________27 maio
Pablo Vázquez     ___________3 xuño
Lucas  Vázquez    ___________  10 xuño

NOVAS TAREFAS NAS QUE ANDAMOS ENREDADOS...

Estas semanas andamos enredados en diferentes tarefas que fumos engadindo a nosa aula: 
Temos un novo xogo "Mi primer tesoro de juegos" sobre a temática da granxa que da moito xogo, 10 xogos diferentes exactamente e encántanos. O primeiro xogo o que xogamos foi o parchís da granxa no que cada un era un animal e tiñamos que levalo dende as cuadras ata o comedeiro.
Nos xogos de gavetas vemos tamén os intereses que amosan, o que máis lles gusta facer...


Este xogo consistía en unir cada imaxen coa súa sílaba inicial...

Tamén lles gusta debuxar ou xogar cas letras de lixa, ben poñéndoas en orden ou facendo palabras

O miniarco verde danos moito xogo porque cos distintos libros podemos facer tarefas diferentes e non nos olvidamos dos puzzles



Escribir o abecedario ou escoller nas ruletas as imaxes que comezan pola letra sinalada...

Tamén estreamos unha nova aplicación, a ruleta, que nos sirve para facer diferentes tarefas. Neste caso empregámola para facer preguntas de tipo " Animal con pico" "froita vermella" "animal de catro patas"

E seguimos repasando ca construcción dos nomes de animais de granxa e outras palabras sinxelas de ata 4 letras.

Contamos tamén cun ratiño para escribilas no folio, escollendo os animais que sabemos escribir ou máis nos gusta. SEmpre contamos coa axuda dos compañeiros e a profe para aqueles sons que nos resultan máis difíciles


Aquí instalamos un pequeno mural das distintas características que poden definir a un animal e damos pistas para adiviñar de que animal se trata

Repasamos os números e incluso imos máis aló ata chegar a 100. Foi o momento para sacar a relucir un material que tiñamos gardado e que lles axuda a entender a formación dos números

Xogamos por parellas a leer as palabras segundo o número do dado que nos toque



A taladrar tornillos. Como estrenábamos maletín soamente estivemos probando a taladrar ou atornillar pero serve para crear diferenes figuras segundo unhas plantillas

Tamén lle chegou o momento a area cinética ou mágica
E outro dos xogos de " mi primer tesoro" no que tiñamos que axudar ó granxeiro a atopar os animais






domingo, 12 de maio de 2019

CHEGOU A PRIMAVEIRA

Por fin rematamos a nosa primaveira especial...decorando os percheiros. Comezamos pintando de cores distintas flores segundo o número de letras do noso nome. Despois tocaba cubrir de negro e deixar secar.






Unha vez seco puidemos escribir as letras do noso nome e facer "maxia" vendo como aparecen as cores

E tamén o tallo de diferentes grafismos e debuxos


Tocou o momento de pintar insectos e letras para formar a palabra primaveira



E tamén estivemos facendo a herba...que será o novo soporte para o noso nome e apelido