fondo

sábado, 27 de maio de 2017

NOVAS ACTIVIDADES INDIVIDUAIS...

Comezamos novas actividades individuais mantendo a mesma organización que nas outras. Seguimos traballando en catro recunchos: Ciencias, Letras, Arte e Mates.


  1. RECUNCHO DE CIENCIAS
  • PEQUENOS ENXEÑEIROS. Facemos construccións libros ou segundo un modelo empregando pezas, tuercas e tornillos.

  • EXPERIMENTO. Mezclamos nun recipiente con leite unhas gotas de colorante alimenticio, e despois tocamos cun bastoncillo mollado en lavavaixelas. As cores "marchan" como por arte de maxia. Para rematar a actividade mollan un anaco de papel que deixamos secar e queda moi chulo.

  • MONUMENTOS E ANIMAIS DE ASIA. Traballamos co recoñecemento dalgúns monumentos do continente Asiático e animais.

  • O ESQUELETO E ALGÚNS ÓRGANOS INTERNOS. Imos completando a actividade anterior engadindo órganos internos: corazón, estómago, riñóns, intestinos...

  • MAGNETISMO. experimentamos con imáns ¿é magnético ou non? Tamén confrontamos os imáns para notar a súa reacción e ata ¡conseguimos imantar a tesoira!

  1. RECUNCHO DE MATES
  • PUZZLE DE 100 PEZAS. Lupo envionos un puzzle moi especial no que se amosa o mapa do mundo con algúns animais característicos, e ten nada menos que 100 pezas. Todavía resulta algo complicado pero pouquiño a pouco e con certa axuda imos construíndoo.

  • TABLET. Xogamos a unha aplicación de lóxica

Cover art

  • SUMAS. traballamos con unión de cantidades. Algúns xa son capaces de facelo mentalmente pero outros precisamos todavía dunha axuda manipulativa (empregamos botóns para representar os números da suma e deste xeito podemos conseguir o resultado)

  • CASTELO LÓXICO. Temos que axudar á princesa e ó cabaleiro a reunirse e para iso temos que empezar montando o escenario amosado e despois collas as pezas que nos mandan e intentar colocalas de maneira que podan unirse.
  • MINIARCO. Nesta ocasión traballamos recoñecendo o número maior  e o número menor
  1. RECUNCHO DE LETRAS
  • ORDENADOR. Facemos actividades de conciencia fonolóxica asociando en primeiro lugar a sílaba escoitado co recoñecemento gráfico, nun segundo momento, facendo máis complicada a actividade deben tocar as letras que forman a sílaba escoitada...
  • MINIARCO. Asociación do debuxo co nome que lle corresponde. As letras son minúsculas e algúns xa son capaces de facer unha lectura bastante aproximada pero outros empregan o recoñecemento da primeira letra (primeiro son) Outros xa se atreven a completar sílabas que faltan

  • CAZANDO LETRAS QUE COMEZAN POR...Esta actividade tivo que ser modificada pola dificultade que atoparan na primeira proposta (cun conto que ten a lectura en maiúsculas e minúsculas tiñan que atopar a mesma palabra escritra das dúas maneiras e recollelo nunha ficha). Finalmente, a actividade consistía en buscar palabras que comezaran por unha letra dada no texto e escribila na ficha.

  • CONCIENCIA FONOLÓXICA. Recoñecemento das sílabas iniciais MA ME MI MO MU. Este é un dos xogos Qr que levan os días de Biblio. Nun primeiro momento, os nenos deben ler as iniciais escritas e rodear a imaxe que comeza pola mesma. Unha vez cuberta a folla do alumno comproban co móvil ou tablet as respostas

  • CONCIENCIA  FONOLÓXICA. Recoñecemento das sílabas iniciais, neste caso, variadas. Temos dous xogos diferentes de fichas segundo o ritmo de aprendizaxe de cada nen@. Igual ca anterior, unha vez cuberta a folla do alumno comproban co código Qr as respostas.

  1. RECUNCHO DE ARTE
  • DeBUXO CON GOMETS. Esta vez intentamos desarrollar a nosa imaxinación dunha maneira moi peculiar, en lugar de coller pinturas ou pinceis para debuxar ímolo facer con gomets. 

  • FACENDO UNHA FLOR. Chegou a primaveira a nosa aula e imos traballar un pouquiño máis o recortado ca tesoira e o montaxe de tiras para facer unha flor.


  • MONTAXE GRUPAL DE ADORNOS. De forma individual, nesta tarefa teñen que recortar en aros rollos de papel hixiénico, pintalos   con témperas e deixalos secar. Posteriormente, montaremos mezclando diferentes trozos para formar novas flores, tiras...

  • DEBUXO CON TESOIRAS MATISSE. Outra maneira peculiar de expresarnos é, o igual que Matisse, con tesoiras, facendo diferentes recortes que logo pegaremos nun folio.
  

  • DEBUXO LIBRE CON CERAS MANLEY. O debuxo libre é unha forma de expresión moi importante na que os nen@s poden amosar preocupacións, intereses, dificultades... Desarrolla la creatividad, el trazo, la sensibilidad... implicando el movimiento y la afectividad.


Ningún comentario:

Publicar un comentario