fondo

luns, 29 de maio de 2017

A PALABRA SECRETA DA SEMANA...

Como xa vos contei noutra entrada anterior, o luns facemos a PALABRA SECRETA, pero hoxe era unha palabra un tanto especial xa que non tiña letras senón números. Como variante da actividade doutros días non só tiñan que ler a palabra e completar a ficha, senón que tan secreta era que deben descifrar, como bos detectives que son, o código para descubrir dita palabra.




Ó final todos foron descubrindo que as palabras secretas de hoxe eran os nomes dos compañeir@s.


Ningún comentario:

Publicar un comentario