fondo

luns, 29 de maio de 2017

Actividades matemáticas...

O ARCO DA VELLA. Estivemos a xogar cos números ata o 10. A actividade consistía en facer un arco da vella cos números complementarios do 10 (0 máis 10 é igual a 10). Nun primeiro momento presenteilles a tarefa de forma oral pero aínda que algúns a pillaron rápido a outros costounos un pouquiño así que collimos tizas de cores e tapóns e o patio que nos fumos para facer o arco e recorrelo en vivo e en directo:










Arcoiris de los amigos del 10

O PIRATA DAS SUMAS. Traballamos os complementos doutros números ata o 8 cunha actividade que mestura as sumas cas cores. Primeiro revisamos as palabras que denominan as cores a empregar: algúns xa saben ler, outros empregan diferentes técnicas como a inicial da palabra, ou piden axuda ós compañeiros...Unha vez feito estamos listos para comezar a sumar números: mentalmente, empregando os dedos, empregando tapóns...Segundo o resultado da suma terán que colorear dunha ou doutra cor.







Ningún comentario:

Publicar un comentario