fondo

sábado, 19 de novembro de 2016

RECUNCHOS...

Esta semana estivemos facendo:


 Un recuncho onde taladramos follas secas para empregar despois en outra actividade. Traballamos con recursos da natureza a creatividade e a forza da man e dedos coas taladradoras.
outra actividade que traballa os  músculos da man e dedos son os bolos. A tarefa consistía en lanzar a modo de canica a pelota para tirar o maior número de bolos. Cada nen@  tiña unha ficha onde anotar o número de bolos tirado. Houbo discusións sobre a colocación dos bolos ("quéreos poñer en línea recta pero así é máis fácil tiralos") Tamén podían lanzar soplando a canica pero pronto se decataron de que iba moi despacio ou non se movía porque pesaba moito. 




No Rincón de Lóxica-matemática  xogamos cas esculturas empregando bolas de plastilina, palillos e palliñas. A actividade era de creación libre.



 No Rincón de Linguaxe estivemos traballando no libro dos compañeiros. Cada nen@ dispón dun folio coas caras dos compañeir@s e ten que crear o seu propio libro recortando a cara, pegándoa nun folio, debuxar o corpo e escribir o nome do compañeiro debaixo. O interesante da actividade é a coñecemento do nome do compañeiro dunha maneira divertida e creativa. Os nenos tiñan varias maneiras de saber como se escribía o nome: mirando no seu libro de nomes que fixemos con anterioridade, mirando no panel de encargados do día (¿de que é encargado...? ¿por que letra comeza...?) ou preguntar o propio compañeiro. Esta actividade pon en xogo numerosas capacidades. Require coñecer o nome das letras, ou buscar estratexias que lle permitan recordalas cando é un compañeiro o que nos dicta. Tamén a memoria cando me teño que levantar ata a porta a ver que letras leva Aroa ou Carlos... e recordalas cando chego a mesa. Na parte creativa algúns crearon o mesmo  corpo para todos mentras que outros distinguiron entre neno e nena, colores, e ata fixeron algún disfraz (spiderman, nariz de pinocho...)




 Outro día fixemos un obradoiro de outono no que empregamos as follas taladradas do Recuncho.
Pintamos nunha cartulina con acuarelas ou témperas con colores de outono (amarelo, marrón, laranxa) Tivemos un problema cunhas acuarelas que non se vían ben e repetimos a actividade con témperas. Recortamos e pegamos nun lateral a nosa foto soplando e no outro follas secas. O resultado foi xenial.










Ningún comentario:

Publicar un comentario