fondo

sábado, 12 de novembro de 2016

Recunchos da semana...

Esta semana fixemos diferentes recunchos para traballar a memoria e atención (Rincón de lóxica matemática), buscamos letras agochadas e debuxos (rincón de linguaxe), a creación de figuras en plastilina segundo un modelo (rincón de arte plástica) e a precisión dos dedos e control da forza (rincón da natureza) 
  • Cos xogos de Memory traballamos sobre todo, a atención e o recordo de onde se atopan agochadas as parellas para poder conseguir o maior número posible. Para estas idades é importante a súa colocación xa que axuda a recordar a súa situación espacial, así como que as fichas se levanten no mesmo sitio onde se atopan. Así mesmo, o xogo por turnos, non facer trampas, saber perder... son obxetivos que se poñen en xogo

xogo MEMORY

  •  No rincón da lectoescritura estivemos traballando ós detectives. A tarefa consistía en atopar nunha ficha cun montón de debuxos as letras agochadas e para iso, que mellor cun obxeto máxico que o fai moito máis atractivo: a lupa. Nunha segunda fase, todos os nen@s xogamos a un tempo con dita ficha buscando algúns animais: erizo, burro, e o caracol despois de propoñerlles unha adiviña. Para completar esta actividade escribimos e debuxamos na parte de atrás as nosas conquistas. A escritura faise en gran grupo no encerado onde vanme dictando aqueles sons que recoñecen na fala e pouco a pouco, recalcando os sons da palabra completamos a palabra. Unha vez completada en gran grupo é o turno de cada ún de reproducilo na súa ficha.

      
cuentagotas

detective de letras

  •  No rincón da Natureza estivemos traballando con pipetas plásticas que nos permiten o traballo dos músculos da man e os dedos para conseguir un maior control dos mesmos. A actividade consiste en encher de auga a pipeta (a auga foi coloreada con colorante alimenticio para que se puidese ver mellor ademáis de resultar máis atractiva) e rellenar as pequenas ventosas que teñen os pés típicos das bañeiras para non resbalar.




  • no Rincón de Artes Plásticas traballamos coa plastilina, un bo recurso nesta etapa xa que é moi motivante á vez que axuda o traballo da man e a creatividade. Partindo duns modelos tiñan que crear un obxeto comenzando pola creación das partes que logo se comprondían formando un todo. Algúns preferiron facelo empregando o modelo como base sobre a que construir.


modelado con plastilina partindo dun modelo







traballamos tamén a absorción do papel 















engadindo detalles ó modelo


Ningún comentario:

Publicar un comentario