fondo

sábado, 26 de novembro de 2016

No obradoiro de grafismo desta semana estivemos a traballar ca línea recta. Previo o traballo en mesa estivemos xogando con cordas estiradas e curvadas para poder entender a diferencia entre línea recta e línea curva, sempre partindo do seu vocabulario e levándoo o vocabulario propio da matemática (Desarrollo del pensamiento lógico y matemático: Jose Antonio Fernández Bravo) 
Unha vez comprendido fixemos un traballo en equipo onde cada equipo contaba cunhas pezas nas que había que facer líneas rectas. Unha vez rematada esta primeira parte o equipo debía montar o puzzle e adiviñar que era. O principio costounos un pouquiño pero rápidamente empezaron a imaxinar que podía ser polas orellas.



 Finalmente pegamos o noso coello nunha cartulina e fixémoslles unhas gafas. Para esta tarefa empezamos probando libremente pero o tamaño non se adaptaba así que coa axuda da PDI puidemos calcar unhas gafas á medida. Como decisión final, e dado que únicamente dispoñemos dun coello por equipo e cinco gafas, foi necesario chegar a un acordo de cal levaría postas.
Esta actividade gustoume especialmente por todo o que conleva o traballo en equipo: respeto os compañeiros, escoitalos, deixarlles actuar e sobre todo, a emoción final cando conseguen contruír o coello.

RECUNCHOS DA SEMANA...



  •  Recuncho de linguaxe. Traballamos a psicomotricidade fina empregando as pedras e as bandexas de sal. Os nenos dispoñen de modelos de trazos para reproducir nas bandexas con sal, resultando ésta unha actividade táctica moi gratificante e posteriormente rechean as líneas feitas con pedras. Tamén aproveitaron para facer trazos libres como letras.


  • Neste recuncho fixemos actividades de atención e conciencia. O primeiro xogo que lles propuxen por a pedra escondida nos vasos. Tiñan que adiviñar onde estaba escondida despois de varios cambios e a verdade é que o fixeron moi ben. Nun segundo momento presenteilles un dos xogos que van a levar para a casa co conto da Biblioteca. Consiste nun xogo de conciencia fonolóxica no que había que atopar o debuxo que comezaba pola mesma sílaba que ó modelo ( pex: PIPA comeza igual que pila ou mazá) O resultado escríbese na folla de respostas e escaneando o código QR podemos comprobar as respostas.




  • No Recuncho de lóxica-matemática estivemos a facer construccións de bloques que despois tiñamos que reproducir no plano. A segunda parte da  actividade consistía en se un compañeir@ era capaz de reproducir a mesma construcción a través do noso debuxo. Costounos un pouco xa que tiñan a idea de reseguir as líneas para copiar as pezas como fan cos bloques lóxicos. 

Como exemplo fixen unha contrucción que logo debuxei e dándolle as pezas e ó modelo en plano reproduciron
  • Axudamos ó pingüino a pescar peixes para a súa cría. Este é outro dos xogos que poden levar co libro da Biblioteca. Nel traballamos a espera de turno, conteo básico 1, 2 e 3 e a capacidade de divertirse aínda cando perdamos.






sábado, 19 de novembro de 2016

RECUNCHOS...

Esta semana estivemos facendo:


 Un recuncho onde taladramos follas secas para empregar despois en outra actividade. Traballamos con recursos da natureza a creatividade e a forza da man e dedos coas taladradoras.
outra actividade que traballa os  músculos da man e dedos son os bolos. A tarefa consistía en lanzar a modo de canica a pelota para tirar o maior número de bolos. Cada nen@  tiña unha ficha onde anotar o número de bolos tirado. Houbo discusións sobre a colocación dos bolos ("quéreos poñer en línea recta pero así é máis fácil tiralos") Tamén podían lanzar soplando a canica pero pronto se decataron de que iba moi despacio ou non se movía porque pesaba moito. 




No Rincón de Lóxica-matemática  xogamos cas esculturas empregando bolas de plastilina, palillos e palliñas. A actividade era de creación libre.



 No Rincón de Linguaxe estivemos traballando no libro dos compañeiros. Cada nen@ dispón dun folio coas caras dos compañeir@s e ten que crear o seu propio libro recortando a cara, pegándoa nun folio, debuxar o corpo e escribir o nome do compañeiro debaixo. O interesante da actividade é a coñecemento do nome do compañeiro dunha maneira divertida e creativa. Os nenos tiñan varias maneiras de saber como se escribía o nome: mirando no seu libro de nomes que fixemos con anterioridade, mirando no panel de encargados do día (¿de que é encargado...? ¿por que letra comeza...?) ou preguntar o propio compañeiro. Esta actividade pon en xogo numerosas capacidades. Require coñecer o nome das letras, ou buscar estratexias que lle permitan recordalas cando é un compañeiro o que nos dicta. Tamén a memoria cando me teño que levantar ata a porta a ver que letras leva Aroa ou Carlos... e recordalas cando chego a mesa. Na parte creativa algúns crearon o mesmo  corpo para todos mentras que outros distinguiron entre neno e nena, colores, e ata fixeron algún disfraz (spiderman, nariz de pinocho...)




 Outro día fixemos un obradoiro de outono no que empregamos as follas taladradas do Recuncho.
Pintamos nunha cartulina con acuarelas ou témperas con colores de outono (amarelo, marrón, laranxa) Tivemos un problema cunhas acuarelas que non se vían ben e repetimos a actividade con témperas. Recortamos e pegamos nun lateral a nosa foto soplando e no outro follas secas. O resultado foi xenial.










Hugo cumple 5 anos...

Este luns 14 de novembro Hugo cumpliu 5 anos ¡Moitas Felicidades!






domingo, 13 de novembro de 2016

MAGOSTO...

Este venres celebramos o Magosto no cole, preparamos unha cinta para a cabeza e marchamos a xogar.

  • Lanzamento de castañas.
  • Relevo da castaña
  • A castaña por detrás TRIS TRAS
  • Castaña na culler
  • Sementa e colleita da castaña
E despois de tanto exercicio tocaba a merenda: castañas asadas e zumo. 
Traballamos tamén en equipos coa poesía da Castañeira buscando palabras na poesía. O traballo fundamental é facer hipótesis sobre a escritura dunha palabra dada, tengo en conta os fonemas escoitados. Unha vez atopada, o equipo deletrea a palabra, escribímola na pizarra e todos a copiamos.


sábado, 12 de novembro de 2016

Recunchos da semana...

Esta semana fixemos diferentes recunchos para traballar a memoria e atención (Rincón de lóxica matemática), buscamos letras agochadas e debuxos (rincón de linguaxe), a creación de figuras en plastilina segundo un modelo (rincón de arte plástica) e a precisión dos dedos e control da forza (rincón da natureza) 
  • Cos xogos de Memory traballamos sobre todo, a atención e o recordo de onde se atopan agochadas as parellas para poder conseguir o maior número posible. Para estas idades é importante a súa colocación xa que axuda a recordar a súa situación espacial, así como que as fichas se levanten no mesmo sitio onde se atopan. Así mesmo, o xogo por turnos, non facer trampas, saber perder... son obxetivos que se poñen en xogo

xogo MEMORY

  •  No rincón da lectoescritura estivemos traballando ós detectives. A tarefa consistía en atopar nunha ficha cun montón de debuxos as letras agochadas e para iso, que mellor cun obxeto máxico que o fai moito máis atractivo: a lupa. Nunha segunda fase, todos os nen@s xogamos a un tempo con dita ficha buscando algúns animais: erizo, burro, e o caracol despois de propoñerlles unha adiviña. Para completar esta actividade escribimos e debuxamos na parte de atrás as nosas conquistas. A escritura faise en gran grupo no encerado onde vanme dictando aqueles sons que recoñecen na fala e pouco a pouco, recalcando os sons da palabra completamos a palabra. Unha vez completada en gran grupo é o turno de cada ún de reproducilo na súa ficha.

      
cuentagotas

detective de letras

  •  No rincón da Natureza estivemos traballando con pipetas plásticas que nos permiten o traballo dos músculos da man e os dedos para conseguir un maior control dos mesmos. A actividade consiste en encher de auga a pipeta (a auga foi coloreada con colorante alimenticio para que se puidese ver mellor ademáis de resultar máis atractiva) e rellenar as pequenas ventosas que teñen os pés típicos das bañeiras para non resbalar.




  • no Rincón de Artes Plásticas traballamos coa plastilina, un bo recurso nesta etapa xa que é moi motivante á vez que axuda o traballo da man e a creatividade. Partindo duns modelos tiñan que crear un obxeto comenzando pola creación das partes que logo se comprondían formando un todo. Algúns preferiron facelo empregando o modelo como base sobre a que construir.


modelado con plastilina partindo dun modelo







traballamos tamén a absorción do papel 















engadindo detalles ó modelo