fondo

domingo, 10 de novembro de 2019

Magosto no cole

Esta semana estivemos motivadísimos pola festa do venres... bailamos e cantamos o "Rap do Magosto" e intentamos aprender de memoria o estribillo. Aprendelo foi bastante máis sinxelo que decilo tan rápido! inda así pasámolo moi ben!

Para o venres tivemos tarefa, preparar unha cestiña para meter as castañas reutilizando uns cartóns de leite forrados en papel de periódico. Pintámolos libremente con acuarela e cando secaron escribimos por encima "Castañas por favor!"

Ese día ademáis de comer unhas riquísimas castañas e tomar un zume de melocotón con todos os compañeiros no pavillón preparáronse xogos psicomotrices para os máis peques no ximnasio:

- Sementa-Castañas: por parellas os nenos tiñan que sementar castañas nun aro, dar o relevo e recollelo froito.









- Xogo popular da Mariola (pero en lugar de pedras castañas!)





-Recolleita de castañas... pero a distancia!!








Ademáis seguimos incluíndo aslgúns xogos novos de lóxico-matemática coa temática do outono, as follas...

Un itinerario donde as follas marcan o camiño a seguir cunhas flechiñas... é autoevaluativo, pois se o facemos ben, cando rematemos teñen que quedar todos os espacios cubertos.


Un xogo de dado cuxo obxectivo é chegar a 10. Gaña o primeiro que consiga sacar 10 veces o mesmo tipo de folla ou, noutra moladidade máis rápida, cada un elixe un tipo de folla, todos movemos ficha cando alguén tira o dado e gana o que elexira a folla que antes chegou a sair 10 veces.


Un xogo de conteo e atención.


Ademáis aprendimos as partes dunha folla, inda que teñen nomes un pouco difíciles e estivemos comparando follas reais. En que se diferencian, en que se asemellan...

Quedounos pendente para o luns achegarnos todos xuntos a velo mural que colocaron na entrada do cole cos diferentes froitos do outono que xa coñecemos pero cos nomes escritos nos 3 idomas que empregamos na escola.

domingo, 3 de novembro de 2019

Halloween e Samaín


Estas semanas estivemos a traballar coa temática do Samaín, e polo tanto do medo...
Limos moitos contos como:



E inventamos nós un conto que logo debuxamos e escribimos sobre unha cabaza maldita... Tamén escribimos o noso maior medo nun papeliño que fomos botar ó caldeiro máxico o mércores.

Estivemos facendo manualidades reutilizando materiais:
Uns mouchiños que quixeron levar para a casa






Unhas arañas...



E colaborando no mural do cole






Tamén aproveitamos a temática para facer uns xogos de lóxica-matemática os que chamamos Caba-caras e Conta Pipas


E seguimos xogando ós que tiñamos do curso pasado: tapóns "cabaza" con cantidades, xogos de costura terrorífica, puzzles monstruosos...

Retomamos os xogos de competición con cabazas, morcegos e arañas...




Por último o día de Samaín pasámolo xenial coas actividades que tiñan preparadas para nós: levamos os nosos medos ó caldeiro da bruxa, fixémonos unhas fotiños na entrada terrorífica... e asistimos a un contacontos  ó que nos levou o profe Diego. Contáronnos o conto "Ten Timid Ghosts" en versión orixinal lido por Cinda en inglés e traducido ó galego pola mestra Bea. 





E ademáis tivemos o cumple da nosa compi Matina, que nos agasallou cun delicioso biscoito e cunhas etiquetiñas personalizadas preciosas. Moitísimas felicidades e moitísimas gracias!










domingo, 27 de outubro de 2019

Traballando cantidades

Estas son algunhas das actividades que estivemos facendo na aula para traballar as cantidades e a súa representación:

Contar, contar,  e contar. Contamos tapóns, os que somos en clase, os días que pasaron do mes, os días que faltan para algún cumple ou evento... e contando contando estivemos contando partes do corpo... chegamos os dedos! había moitos en clase e fixemos un xogo que lles gustou e repetimos de vez en cando traballando o conteo de 5 en 5. Por parellas chocamos os 5, os 10, os 15 e os 20. e de paso, divertímonos un rato!






Ademáis estamos practicando a contar de 10 en 10... ata 100!! e par escribilos... descubrimos o truco de poñer un 0! así de fácil.

Tamén representamos cantidades debuxando, cun xogo novo de dado, no que temos que debuxar tantas figuras ou obxectos como número nos saia e nos indique o cartel. Este é un dado diferente, do 7 o 12 e podemos elexir figuras ou debuxiños.

 
Tamén estamos practicando a adicción e a sustrucción e a súa representación. Primeiro vivenciandoo con obxectos, cos dedos... e depois representandoo.



Ademáis practicamos a descomposición numérica coas casiñas dos números. Por ahora fixemos as 5 primeiras, no chan, no encerado, nun folio... o principio costounos un pouco pero ahora xa lle estamos pillando o truco!



E como nos gustan moito as cancións, aprendimos unha para o número 1, outra para o 2 e fixemos unha poesía para o número 3, axúdannos na grafía.