fondo

domingo, 10 de novembro de 2019

Magosto no cole

Esta semana estivemos motivadísimos pola festa do venres... bailamos e cantamos o "Rap do Magosto" e intentamos aprender de memoria o estribillo. Aprendelo foi bastante máis sinxelo que decilo tan rápido! inda así pasámolo moi ben!

Para o venres tivemos tarefa, preparar unha cestiña para meter as castañas reutilizando uns cartóns de leite forrados en papel de periódico. Pintámolos libremente con acuarela e cando secaron escribimos por encima "Castañas por favor!"

Ese día ademáis de comer unhas riquísimas castañas e tomar un zume de melocotón con todos os compañeiros no pavillón preparáronse xogos psicomotrices para os máis peques no ximnasio:

- Sementa-Castañas: por parellas os nenos tiñan que sementar castañas nun aro, dar o relevo e recollelo froito.









- Xogo popular da Mariola (pero en lugar de pedras castañas!)





-Recolleita de castañas... pero a distancia!!








Ademáis seguimos incluíndo aslgúns xogos novos de lóxico-matemática coa temática do outono, as follas...

Un itinerario donde as follas marcan o camiño a seguir cunhas flechiñas... é autoevaluativo, pois se o facemos ben, cando rematemos teñen que quedar todos os espacios cubertos.


Un xogo de dado cuxo obxectivo é chegar a 10. Gaña o primeiro que consiga sacar 10 veces o mesmo tipo de folla ou, noutra moladidade máis rápida, cada un elixe un tipo de folla, todos movemos ficha cando alguén tira o dado e gana o que elexira a folla que antes chegou a sair 10 veces.


Un xogo de conteo e atención.


Ademáis aprendimos as partes dunha folla, inda que teñen nomes un pouco difíciles e estivemos comparando follas reais. En que se diferencian, en que se asemellan...

Quedounos pendente para o luns achegarnos todos xuntos a velo mural que colocaron na entrada do cole cos diferentes froitos do outono que xa coñecemos pero cos nomes escritos nos 3 idomas que empregamos na escola.

Ningún comentario:

Publicar un comentario