fondo

domingo, 3 de novembro de 2019

Halloween e Samaín


Estas semanas estivemos a traballar coa temática do Samaín, e polo tanto do medo...
Limos moitos contos como:



E inventamos nós un conto que logo debuxamos e escribimos sobre unha cabaza maldita... Tamén escribimos o noso maior medo nun papeliño que fomos botar ó caldeiro máxico o mércores.

Estivemos facendo manualidades reutilizando materiais:
Uns mouchiños que quixeron levar para a casa






Unhas arañas...



E colaborando no mural do cole






Tamén aproveitamos a temática para facer uns xogos de lóxica-matemática os que chamamos Caba-caras e Conta Pipas


E seguimos xogando ós que tiñamos do curso pasado: tapóns "cabaza" con cantidades, xogos de costura terrorífica, puzzles monstruosos...

Retomamos os xogos de competición con cabazas, morcegos e arañas...




Por último o día de Samaín pasámolo xenial coas actividades que tiñan preparadas para nós: levamos os nosos medos ó caldeiro da bruxa, fixémonos unhas fotiños na entrada terrorífica... e asistimos a un contacontos  ó que nos levou o profe Diego. Contáronnos o conto "Ten Timid Ghosts" en versión orixinal lido por Cinda en inglés e traducido ó galego pola mestra Bea. 





E ademáis tivemos o cumple da nosa compi Matina, que nos agasallou cun delicioso biscoito e cunhas etiquetiñas personalizadas preciosas. Moitísimas felicidades e moitísimas gracias!










Ningún comentario:

Publicar un comentario