fondo

luns, 29 de outubro de 2018

Obradoiro de grafismo...Os raios do Sol



A xoves pasado fixemos un obradoiro de grafismo traballando a línea recta, nesta caso para facer os raios de ese fabuloso sol que todavía nos acompañaba. Pero para emprezar tocoulle a Lucas facer as primeiras tarefas do día...
xogos de imitación
Canción de Bos días e Os días da semana
Escribimos o día que é e dicimos palabras que comencen polos distintos sons que a conforman
Tocaba pintar asi que tocaba poñer o mandilón...e o que aínda non sexa capaz busca a axuda dun compañeir@






Despois do recreo tamén estivemos a escoitar un conto "Yo" sobre un oso que moi seguro de sí mesmo...ata que ten medo e corre corre corre ata a súa mamá. Así que despois do conto axudamos ó oso a cruzar o laberinto para chegar ata a súa mamá

Resultado de imaxes para yo cuento



mércores, 24 de outubro de 2018

MÉRCORES DE ARTE...

Cando chegamos pola mañá e despois de colgar a súa mochila e chaqueta no percheiro teñen que baixar as sillas e damos comezo a Asamblea. Neste momento revisamos se falta alguén, cantamos cancións de "Bos días" e "Dona Semana" e facemos xogos de imitación para quentar un pouquiño os músculos (cabeza, brazos, pernas, ollos, boca, dedos...) E como xa estamos no 2º curso decidín que xa estaban list@s para ser eles os que leven estos primeiros momentos. Así que ahi temos a Pablo dando comezo a clase e o resto moi moi atentos (máis que cando o fago eu 😏 ) Creo que recordar que xa vos contei anteriormente que as cancións son cantadas e signadas...

E despois puxemos o día da semana entre todos recalcando os sons que escoitamos e axudándolle con pistas como se fai algunha letra se non se acorda (sobre todo aquelas que non son iniciais dos nomes dos compañeir@s) e un xogo que facemos moitas veces nombrando cousas que comezan por ese son:
MMMMM de Mauro, Martina, Mono...EEEEE de  Efrén, estrela, elefante...RRRRR de ratón, a última de Asier... O máis importante non é que escriban perfectamente (eso xa se irá perfeccionando) senón que collan confianza para intentar escribir os sons que escoitan

Despois tocou OBRADOIRO de Arte e para traballar un pouquiño o recortado tendo en conta a temática do outono fixemos un ourizo cacho cos círculos que punzamos nunha sesión anterior.








O primeiriño de todo era debuxarlle os pinchos, a boca e o ollo ó ourizo

Despois tiñamos que cortar ca puntiña da tesoira para facer uns pinchos








E aquí temos o resultado: 


Leváronno para a casa porque os pobres sempre queren levar todo o que fan e non lles deixo porque teñen que gardalo na archivador 😊 pero o máis importante foi o traballo ben feito
Despois uns xogos coas vocais...unhas cancións e a adiviñar cal comeza por....A


Cal comeza por....E

martes, 23 de outubro de 2018

UN MARTES CALQUERA...

O martes xa demos un bo uso a nosa pizarra nova: empregámola para escribir o día que era...e que ben o fan xa con un pouquiño de axuda!

Despois tocou día matemático e seguimos xogando cas cantidades:
1º ordenamos por "cal ten menos?"




2ºTocaba poñer nun plato vacío a mesma cantidade que outro escollido da nosa fila
Comprobando...
As veces tiñamos que correxir por iso era moi importante a comprobación comparando un a un e evitando así as confusións daqueles que non coñecen ben os números

3ºUnha vez visto as dúas filiñas iguais mezclámolas e había que buscarlles parella de novo


E chegaron os indios...

"Coloca tantas plumas no teu indio coma ten o meu"
e comprobamos




E despois de tanto número pasamos as letras. Tiñamos que formar o noso nome cas letras da nosa caixa, comprobando así se nos faltaba algunha xa que estas caixas forman parte das nosas gabetas de xogo e as veces mézclanse.


E despois dun baile para relaxar un pouco fixemos unha última actividade na pantalla creando conxuntos equivalentes, coa mesma cantidade, que o modelo de enriba.

E nesta actividade xogamos un pequeno xogo de atención...VEO VEO...un animal, un xoguete...
VEO VEO  Eugenia Romero




Despois do recreo estivemos facendo un pouquiño de IOGA para relaxar e RECUNCHOS...
Puzzle conxunto...
Plastilina


Recuncho dirixido sobre cantidades
FAcemos unha serie cos pinchos





Xa vedes que traballamos un montón...