fondo

xoves, 15 de marzo de 2018

AS SERPES MÁIS LONGAS...

Estivemos traballando "máis longa que" facendo unhas serpes con plastilina. Na mesa tiñan marcado con celo una medida e tiñan que facer con plastilina unha serpe máis longa que esa medida. Algúns comezaron pedaciño a pedaciño colocando encima da medida e outros fixeron un churro que cada vez se facía máis longo... un olliño e unhas marcas cun pincel do revés fixeron o resto.





 tamén nos demos conta de que unhas eran máis grosas e outras máis finas

Despois fixemos unha actividade de atención e búsqueda ó estilo VEO VEO. Todavía nos costa un pouquiño a algúns pero imos mellorando


O PROTAGONISTA DA SEMANA: LEO 4

Hoxe xoves tocou visita da mami e do papi de Leo e contáronnos cousas moi interesantes. A mamá de Leo traballa nunha clínica dental e tróuxonos unha boca para ensinarnos o importante que é lavarse ben os dentes despois de cada comida. Ensinounos co cepillo de Leo como hai que facer para limpar os dentes e tamén o seu cepillo eléctrico... creo que quedamos en pedir un para Reis 😛












Repartíronnos pasta de dentes para  lavarnos os dentes e tamén nos deron un regaliño moi chulo: uns pequenos ratonciños PÉREZ que se abren e serven para gardar os dentes debaixo da almofada á espera de que o ratonciño nos traia un pequeno agasallo. (algún quedou por clase)
 Tamén nos contaron un novo conto de animais e os seus sons.
E antes de irse deixáronnos as galletas preferidas de Leo para compartir na merenda, as OREO.

¡MOITAS GRAZAS POLA VISITA!

mércores, 14 de marzo de 2018

O PROTAGONISTA DA SEMANA: LEO 3

A caixa de Leo veu cargadiña de cousas e hoxe estívonos ensinando o seu xogo de puzzles de números e un conto de Veo Veo na cidade co que traballamos o vocabulario de comidas, transportes, animais, roupa...




Despois aproveitamos para facer tamén o puzzle que tiñamos pendente de Sergio (ó principio non lle fixo nadiña de gracia a Leo pero logrei convencelo 😊 ) Buscamos as pezas das nosas letras e intentamos compoñelas...pero este abecedario monstruoso resistíase. No noso recuncho de letras xa temos unha copia do cartel que ven co puzzle

¡É un luxo esto de contar con tantos xogos...vamos renovando e aprendendo de tod@s!

martes, 13 de marzo de 2018

NOMES E MANOPLAS DE INVERNO...

Estivemos xogando cas caixas que conteñen as letras dos nosos nomes para practicar un pouquiño a orde das letras para compoñer o nome 

 Tamén fixemos unhas manoplas de inverno. Xa sabemos que podemos poñer manoplas ou guantes e que serven para que non enfríen as mans ou para andar na neve. Con gomet de círculos e estrelas, e pinturas adornamos cada un o seu par.





O PROTAGONISTA DA SEMANA: LEO 2

Hoxe Leo ensinounos as páxinas do deu libro de protagonista e foinos explicándo todo. Xa sabemos que ten tres anos e que é un BULE BULE (esto non no lo quixo explicar e nos estabamos intrigadísimos porque nin idea...jajajajaja neno que non para quieto concluimos). Tamén vimos os seus pasatempos...moito medio de transporte ejejjeej e a súa serie de TV e comida favorita na que moitos coincidían




Tamén nos ensinou o seu conto de CUCÚ TRAS e animouse a contárnolo

E fixo o seu puzzle favorito de Rayo Mcqueen

TITORÍAS 3º TRIMESTRE...

Para este 3º trimestre establecín o seguinte calendario de titorías para poder compartir información de cómo vai evolucionando o grupo e cada un dos nen@s


   

luns, 12 de marzo de 2018

A COR LARANXA...CONTINUACIÓN

Hoxe rematamos a nosa nova páxina do libro de cores. A primeira parte foi unha creación libre a partir de diferentes papeis desa cor e a segunda parte tocou descubrir como podíamos facer esta cor mezclando dúas cores








Algún estaba máis interesado en pintar a man que en descubrir a cor  ajajajajjaja e outras comezaron pintando letras aínda que non era a que ela quería. Uns comezan debuxando cousas que despois desaparecen mentras que outros directamente enchen o folio... o máis importante é desfrutar co momento.


 O final pintaron todos as máns e algún incluso desfrutou estampándoa na mesa...pero todo se limpia