fondo

domingo, 22 de outubro de 2017

TAREFAS DESTA SEMANA...

Esta semana andivemos enredados en novas tarefas que fun engadindo na aula. Como norma xera, fago a presentación da tarefa para que coñezan o obxetivo da mesma, aínda que unha mesma tarefa ás veces pode ter varias actividades para eles:
  
traballamos a psicomotricidade fina e a creatividade: xogos con pinzas e colocarlles os lunares á mariquieta ou raias á abella

picado de formas xeométricas



           
trouxemos unha fregona e tivo un éxito bárbaro


Seguimos co proxeto "ESTE SON EU" "ESTA SON EU" e estivemos a mirar a nosa foto, nome e as letras que compoñen o nome. Esta actividade todavía é un pouco complicada para os nenos de 3 anos, sobre todo no que se refire a composición do seu nome a través das letras soltas, seguindo unha orde... pero é un primeiro contacto con elas que repetiremos ó longo do curso. Tamén plasmamos as nosas mans en pintura, actividade que nos encantou.

 

 


Outro pequeno proxeto que estamos a levar a cabo está relacionado ca estación do OUTONO. Trouxemos algunas froitas típicas que se dan nesta estación para traballar o vocabulario propio e tamén estamos a facer unha manualidade observando unha árbore de outono a que se lle caen as follas. Para facer esta actividade taladramos en folios de cores e recortamos goma eva.





A ELIPSE  e o túnel. Nestas idades non podemos falar de actividades sin engadir actividades de movemento, control do equilibrio, gateo... Necesitan moverse para aprender e para relacionarse.








OS CORTOS DE EMOCIÓNS...

Todos os venres temos 10 minutiños para visionar un corto co que pretendemos traballar as emocións, o seu recoñecemento, e aprender unha correcta resposta ás mesmas. Aquí tedes algúns que xa vimos:

Neste corto falamos de como a empuxóns e con malas palabras non se solucionan os problemas senón axudándonos uns a outros.


Importancia del trabajo en equipo

Autoestima

Visita ó cole...FALCATRUEIROS

Este xoves recibimos unha visita moi especial, o bailarín, coreógrafo e profesor de danza de Falcatrueiros IVAN VILLAR. Veu facer connosco unha pequena mostra do baile da nosa terra, a muiñeira e, ó final, bailamos todos xuntos unha carrasquiña.

Déixovos unha pequeniña mostra xa que non se pode bailar e gravar á vez. 


xoves, 12 de outubro de 2017

Cloe cumple 3 aniños...

Este mércores Cloe cumpliu 3 aniños ¡MOITAS FELICIDADES! e compartiu connosco unha tarta de Mini.







domingo, 8 de outubro de 2017

SEN NOME...



ESTA SEMANA...

Nesta primeira semana de outubro arrancamos co primeiro mini proxecto  do curso: "Este son eu" "Esta son eu"  Estivemos a traballar cas nosas cariñas: observación dos compañeir@s, búsqueda, nombrar, convertémolas en puzzles e montámolas, pegar e escribir o nome:




 Tamén estreamos os nosos mandilóns co traballiño que eso supón: mangas dereitas, sacar botóns, poñer botóns... Esta é unha boa actividade para a súa autonomía que é preciso entrear para facerse cada vez máis autónomos e a vez, coñecer e axudar un pouquiño máis ós compañeir@s xa que é máis doado axudar cos botóns ós compañeir@s que nun mesmo.

Fomos incluíndo xogos novos que podemos ir collendo libremente sempre respetando unha serie de normas básicas: escollo o xogo, busco un sitio libre, xogo o tempo que necesite e ó rematar levo todo colocadiño o seu sitio para que outro compañeir@ poda utilizalo.




 


E esta semana, aproveitando o bo tempo, fomos a coñecer o areeiro. ¡Encantoulles! Algún decidiu que como xogaba na area tiña que sacar os zapatos ¡como na praia! Unha fantástica oportunidade para traballar o sentido do tacto que supón a area nos pés. O xogo na area é unha fantástica actividade para os nen@s e encántalles, pero ademáis ten engadido a necesidade de poñer e sacar os zapatos para eliminar a area que tanto molesta nos pés... outra actividade fantástica no traballo da autonomía. Por ahora todas estas tarefas lévanos moito tempo pero pouquiño a pouco vamos facéndonos máis autónom@s e temos máis tempo para dedicarlle a outros traballos.


E, como non podía ser de outra maneira, unha actividade con gomets. O principio cústalles un pouquiño sacar as pegatinas e a precisión necesaria para colocalas no seu lugar pero como todo, é cuestión de práctica.