Esta semana traballamos a LÍNEA recta. O tallar consistiu en un primeiro recortado de líneas rectas nun folio, de maneira que ó final quedáramos con tiras de colores e unha segunda fase na que pegamos as tiras nun folio e fixemos líneas horizontais e verticais nos ocos deixados. Dentro dunha serie de pautas os nen@s teñen certa liberdade para facer as súas creacións. Non teñen desperdicio...
Dende que comezou o curso fixemos unha serie de actividades en torno o outono. O primeiro foi unha voltiña polo patio para poder ver o rastro do outono, follas caídas, froitos... pero o noso patio non deu para moito xa que as árbores todavía son moi pequenas.
Os nenos e nenas foron traendo landras, castañas, noces e tamén follas coas que fixemos diversas actividades de conteo, comparación de conxuntos, escribimos os nomes, miramos os nomes en castelán e galego, e probámolos...
A semana do Samaín-Halloween rematou e atrás deixamos un montón de actividades relacionadas que nos axudaron a sentir esta festa pero sen deixar de lado o traballo na aula de infantil. Entre cabazas, pantasmas, morcegos e demáis monstruosidades traballamos a lóxica-matemática, a linguaxe escrita, o grafismo, as ciencias e a relaxación.
Nesta actividade poñemos en práctica a serie numérica, o conteo e a escritura de números. Aquí
Nesta actividade traballamos o trazado de líneas rectas para facer unha telaraña.
CIENCIAS: a electricidade estática. Rozando durante un tempo un globo contra unha camiseta ou incluso a cabeza xenérase electricidade estática que permite facer bailar ás pantasmas.
Á volta do recreo sempre temos un ratiño para voltar a calma e relaxarnos, de maneira que podamos seguir traballando de forma tranquila.
RECORTADO: fixemos unha pantasma á vez que practicamos o recortado. Unha tarefa que todavía lles resulta un pouco complicada. aquí
COMPOSICIÓN DE PALABRAS: traballamos o acercamento a escritura a través da manipulación de palabras completas (fan hipóteses segundo o son inicial que amosa a palabra escrita e a falada) e a composición coas letras móviles.
PALABRAS FANTASMA: traballamos a lectura e escritura a través de palabras "fantasma" que apareceron ó pintalas por riba
cunhas tapas de botella laranxa fixen caras de calabazas que nos serviron para varios xogos matemáticos: conteo, comparación de conxuntos, ordear a serie numérica, número misterioso...
MONSTRUOS SOPLADOS: como non podía faltar, tamén fixemos unha actividade creativa. Creamos monstruos empleando acuarela e unha palliña para soplar. Uns ollos e boca, e monstruo creado.
Estos primeros días de cole imos facer un mantel para o momento da merenda. Cada nen@ escolleu un motivo, debujo animado correspondente ó lugar onde se coloca o plato, fixemos círculos para o vaso e recortamos unha culler. Por último, puxemos o nome e plastificamos para que sexa duradeiro.
Na etapa de infantil os rincóns (recunchos) son unha metodoloxía moi típica na que un grupo pequeno de nenos e nenas desenvolve unha mesma actividade, algunhas veces en equipo e outras de forma individual. Este tipo de agrupamentos ten unha duración de 10-15 minutos e a posteriori os nen@s cambian a outro rincón. O traballo nos mesmos desenvolve as diferentes capacidades a traballar na etapa, dunha maneira equilibrada, e permitindo o cambio de esixencias entre as mesmas polo que non resultan actividades tediosas. Neste caso os nenos puideron traballar a psicomotricidade fina (ras saltarinas e recortado), a lóxica-matemática (cantidades e números) e a lectoescritura (recoñecemento dos nomes dos compañeiros)