fondo

luns, 3 de outubro de 2016

Xogamos ós rincóns...

Na etapa de infantil os rincóns (recunchos) son unha metodoloxía moi típica na que un grupo pequeno de nenos e nenas desenvolve unha mesma actividade, algunhas veces en equipo e outras de forma individual. Este tipo de agrupamentos  ten unha duración de 10-15 minutos e a posteriori os nen@s cambian  a outro rincón. O traballo nos mesmos desenvolve as diferentes capacidades a traballar na etapa, dunha maneira equilibrada, e permitindo o cambio de esixencias entre as mesmas polo que non resultan actividades tediosas. Neste caso os nenos puideron traballar a psicomotricidade fina (ras saltarinas e recortado), a lóxica-matemática (cantidades e números) e a lectoescritura (recoñecemento dos nomes dos compañeiros)

rás saltarinas (traballamos a forza dos dedos)
cantidades e números ( lóxica-matemática)
os nomes dos compañeiros (fotos,nomes e iniciais)
Añadir leyenda
recortado (psicomotricidade fina)
                      

Ningún comentario:

Publicar un comentario