fondo

domingo, 30 de outubro de 2016

SEMANA DO SAMAÍN-HALLOWEEN....

 A semana do Samaín-Halloween rematou e atrás deixamos un montón de actividades relacionadas que nos axudaron a sentir esta festa pero sen deixar de lado o traballo na aula de infantil. Entre cabazas, pantasmas, morcegos e demáis monstruosidades  traballamos a lóxica-matemática, a linguaxe escrita, o grafismo, as ciencias e a relaxación.



Nesta actividade poñemos en práctica a serie numérica, o conteo e a escritura de números. Aquí

 
Nesta actividade traballamos o trazado de líneas rectas para facer unha telaraña.   

CIENCIAS: a electricidade estática. Rozando durante un tempo un globo contra unha camiseta ou incluso a cabeza xenérase electricidade estática que permite facer bailar ás pantasmas.

Á volta do recreo sempre temos un ratiño para voltar a calma e relaxarnos, de maneira que podamos seguir traballando de forma tranquila.

RECORTADO: fixemos unha pantasma á vez que practicamos o recortado. Unha tarefa que todavía lles resulta un pouco complicada. aquí

COMPOSICIÓN DE PALABRAS: traballamos o acercamento a escritura a través da manipulación de palabras completas (fan hipóteses segundo o son inicial que amosa a palabra escrita e a falada) e a composición coas letras móviles.
PALABRAS FANTASMA: traballamos a lectura e escritura a través de palabras "fantasma" que  apareceron ó pintalas por riba

cunhas tapas de botella laranxa fixen caras de calabazas que nos serviron para varios xogos matemáticos: conteo, comparación de conxuntos, ordear a serie numérica, número misterioso...


MONSTRUOS SOPLADOS: como non podía faltar, tamén fixemos unha actividade creativa. Creamos monstruos empleando acuarela e unha palliña para soplar. Uns ollos e boca, e monstruo creado.







Ningún comentario:

Publicar un comentario