fondo

martes, 7 de maio de 2019

LETRAS, NÚMEROS E MOVEMENTO

Quen dixo que tiñamos que estar sentados mentras aprendemos a escribir palabras? Onte fixemos unha actividade na que combinamos psicomotricidade con construcción de palabras. Tiñan que pasar por dous aros e ir construindo o nome dun animal de granxa que previamente escribimos entre todos na pizarra...




Tamén empregamos a PDI para traballar os nomes dos animais, rodeando en cada caso a palabra correcta:


Hoxe seguimos o traballo de conciencia fonolóxica centrado no recoñecemento de sílabas que forman unha palabra. Para saber que palabra se agochaba empezábamos cunha adiviña..."é un obxeto no que metemos roupa e outras cousas cando imos de viaxe" MALETA



e tamén adicamos un ratiño a repasar o recoñecemento dos números. A actividade consistía en que tiñamos un dado na PDI que sacaba unha cantidade e tiñan que coloreala na ficha. Empregamos varios tipos de dados: de puntos (asociación de cantidade con grafía), de dúas caras (tiñan que contar todos os puntos xuntos) ou de números





E ademáis sempre aproveitamos uns minutiños antes de marchar para facer algún xogo rápido na PDI.
seguir a secuencia numérica buscando a mazá co número que falta


Asociar cantidade con grafía

domingo, 5 de maio de 2019

XOGOS DE COMPETICIÓN

De vez en cando toca facer algún xogo de competición no que tamén deben aprender a perder, a concentrarse na súa tarefa e sobre todo a divertirse...
 Separar as pezas nos platos por cores


 Facer torres de vasos.
Este xogo cústalles un pouquiño porque cando parece que xa acabaches, cae a torre polas prisas...
 Traballamos o soplo con vasos Quen os tirará antes?



INCUBANDO OVOS e XOGOS DE LINGUAXE

Neste terceiro trimestre vamos adicarnos a coñecer algo máis sobre a Galiña, o Galo e os pitiños e nada mellor para aprender cunha actividade motivadora como é incubar ovos de Galiña. 

 E día tras día imos dándolles a volta ós ovos e botándolles auga para que teñan a humidade suficiente. Temos que darlle mil grazas a Abel que é o encargado de facelo os fins de semana

E mentres esperamos a que salgan os pitiño seguimos facendo unha chea de tarefas relacionadas ca linguaxe: vocabulario, conciencia fonolóxia, rimas, escritura...


escoitamos sílabas e marcamos a correspondente


Encadeamos palabras TE-LELELE...LE-O-NANANA...




 Xogamos a adiviñar que animal teño na cabeza a través de preguntas de resposta SI ou NON: ¿é un animal doméstico? Ten rabo?  Ten catro patas? Come herba?....

Seguimos co noso "Libro de letras" no que en gran grupo adicamos un día a unha letra do abecedario e dicimos e escribimos palabras que comecen por dita letra. Traballamos, así, a correspondencia entre o son das letras e a súa grafía. A esta actividade engadímoslle outra, a palabra segreda, na que eu vou decindo sons que eles escriben e deben ler-adiviñar a palabra segreda.

 Tamén teñen gavetas nas que lles gusta traballar coas letras como o estampado para crear palabras
 a bandexa de area
ou o miniarco verde

O NOSO PRIMEiRO ESCAPE ROOM

O espape room ou breakout son xogos de escape que estanse popularizando moito nas aulas xa que permite traballar os contidos do curriculum dun xeito moi ameno e divertido, resolvendo distintos retos a través do xogo en equipo. E xa sabedes que o noso son os xogos así que non podía faltar. Este é o noso primer breakout (aquí non teñen que escapar da aula como no caso do escape room senón solucionar unha serie de retos para poder abrir unha caixa)
Foi moi sinxeliño para poder comprobar como reaccionan e ir correxindo os diferentes obstáculos que atopamos...o próximo xa tendrá melloras.

O primeiro de todo é a temática. Aproveitei a Semana Santa e o típico xogo de búsqueda de ovos de Pascua para crear o Breakout. A volta do recreo atopamos unha serie de caixas con candado e un reto

 O primeiro reto era un xogo de atención que fixeron por equipos. Tiñan que colorear soamente os números un que aparecían na cuadrícula...



Unha vez coloreados amosaba unha palabra que sería a pista para atopar a primeira chave. Costoulles un pouquiño porque a primeira letra parecíalles unha U non unha V pero con un pouquiño de axuda...voilá!
VACA. Andiveron buscando nos recunchos da aula nos que aparecía a palabra vaca, o debuxo, o xoguete e a vaca de cartón que fixemos ata que un se deu conta de que había unha chave pegada ó lado do rabo da vaca.
Con esa chave puideron abrir (non sen esforzo xa que costoulles un pouquiño e pasou por varias mans) a primeira caixa na que aparecía o reto 2


 O seguinte reto era moi similar pero un pouquiño máis doado. Tiñan que andar na procura de varios número e colorealos segundo unhas pautas de cores marcadas. Apareceu outra palabra GALIÑA que nos levou ó 3º reto



 Esta vez atoparon un sobre na parede, ó lado dun círculo que ten escrito a palabra GALIÑA (algunha xa se fixara con antelación que había un sobre que non era propio de ahí 😆)

 Finalmente, o Reto 3 consistía nunha serie na que tiñan que descifrar cal era a última figura da serie a que lle correspondía un número...unha vez adiviñado tiñan que buscar pola clase
 O resultado era o número 4 e despois de andar a clase enteira buscando números 4 atoparon agochada no letreiro de pinzas do catro a chave que abría a derradeira caixa...e que contiña unha chave Que abriría? Probaron todas as portas con pechadura ata que chegaron a correcta...e SORPRESA! Alí estaban o coelliño de Pascua cos oviños de chocolate