fondo

xoves, 15 de novembro de 2018

MÉRCORES FONOLÓXICO


O mércores estivemos facendo en gran grupo o xogo das palabras que riman. Aínda nos resulta un pouco difícil pero xa lle vamos collendo o tranquilla. Tamén aproveitamos para ir ampliando o noso vocabulario.

Tamén adicamos un ratiño a cantidade de sílabas das palabras con xogos na PDI. Palmeamos a palabra e marcamos a cantidade de "cadrados" palmas que ten.


E reforzamos o vocabulario de partes do corpo, profesións e accións. Con esta última fixemos un pequeno xogo de imitación: cada nen@ imitaba unha acción e o resto intentaba adiviñar que facía.
Despois fixemos unha ficha moi rápida na que había que buscar os animais e aproveitamos para facer unha lista cos nomes. Para isto, vou recalcando ben os sons de cada nome e entre todos van recoñecendo as letras que constitúen cada palabra, despois soamente falta tratar de trazalas na súa ficha.


E despois de tanto mandar toca un ratiño as gavetas...Cada un escolle o xogo que máis lle interesa practicar




Aquí andaban a escribir nas pizarras e ficheiros alimentos e bebidas...
Outros prefiren o traballo de psicomotricidade fina cosendo
Practican a escritura das cifras...

E tamén estivemos xogando cos nomes e os sons iniciais... Tiñan que escoller un nome, para ler, e unilo co debuxo que comezaba igual: Adrián....Amarillo


martes, 13 de novembro de 2018

CANTIDADES E RECUNCHOS DE LINGUAXE

Comezamos o martes con Adrián, Tivemos que pararnos a recordar os signos das cancións porque é chegar a silla principal e xa non se acordan de cómo eran. 



Despois tocaron dúas actividades matemáticas, pero o primeiriño de todo e como empregamos os platos da patrulla canina que tiñamos dalgún cumple miramos cantos canciños saían en cada plato, ou cantos platos tiñamos á vista...(aproveitamos todas as ocasións).
1. Ordeamos nunha fila de MENOS  a MÁIS  e algún xa se deu conta de que eran os números...

2.

2. Emparellamos os platos que teñen a mesma cantidade: equivalentes


Colocamos a tarxeta que lle corresponde a cada parella e recalcamos que tamén se pode representar por números, que aparecen na outra cara da tarxeta.

Tamén estivemos facendo ioga que nos axuda a relaxarnos despois do recreo (aínda que hai días que non é doado) e recunchos de linguaxe:
1. SOPLO. traballamos o soplo facéndolle os bonecos con cara de susto uns pelos soplando pintura con palliñas


2. KABOOM! Este xogo sirve para traballar o recoñecemento dos nomes dos compañeir@s da aula cunha peculiaridade, cando colles un pao que pon KABOOM! tes que devolver os paos gañados ó vaso. 


3. LETRAS. Formamos algunhas letras con pezas: P, J, L, T
  
4. CONCIENCIA FONOLÓXICA. Descubrimos entre tres debuxos cales riman, rematan igual.


Ventaaanaaaa- manzaaaannnaaaa

LUNS DE NOMES E RECUNCHOS MATEMÁTICOS...


Hoxe foi Mauro o que arrancou a clase




E despois fixemos un recordatorio dos nomes dos compañeiros (recoñecemento) que aínda non temos todos moi claro



A continuación traballamos un pouquiño o vocabulario para aprender moitas palabras e falar cada vez mellor, e tamén agrupar por categorías: animais, partes do corpo...Outra actividade que solemos facer é buscar o intruso,,,no que deben decir entre varias imaxes cal creen que é intruso, que non lle corresponde estar ahí, e (máis importante) dar unha razón (porque sí non vale😀)
A espalda porque os outros son animais
O ollo, porque o resto son animais 

O coello, porque os outros viven na auga

A paloma porque non é salvaxe ( é importante saber as súas razóns xa que poden ser totalmente válidas aínda que non sexan as que un teña en mente. Neste caso a trampa púxena polo número de patas pero saíronme con outra razón, válida?...É posible)

Despois do recreo tocounos RECUNCHOS MATEMÁTICOS e hoxe, o faltar varios nenos, só fixemos tres:

FIGURAS XEOMÉTRICAS. Recoñecemento e clasificación pola forma e unha posterior actividade impresa na que tiñan que colorear segundo a figura.



CANTIDADE. Rodeo de un en un. Primeiro estendendo na mesa as tapas e rodeándoas, e logo facendo o mesmo na ficha. Así prácticamos tamén os trazos circulares


Imos de compras. Cada nen@ conta cun carriño da compra e unha lista do que ten que comprar e debe buscar "na tenda" os seus productos.











luns, 12 de novembro de 2018

VENRES DE CASTAÑAS...

O pasado venres Efrén deu comezo á Asamblea e despois tocou prepararse para o Magosto






Mentres uns esperaban a que acabaran outros improvisamos un xogo de soplo de follas...


Despois de comer as castañas e ir ó recreo fixemos dous xogos cos nen@s de 3 anos...
Neste que podedes ver nas imaxes (era na nosa clase) fixemos de esquius que tiñan que recolectar castañas para o inverno ... pero nos empregamos pinzas.





Na clase de 3 anos xogaron a "zapatilla por detrás" un xogo que consiste en facer un corro sentados agás un que é o que ten que esconder a zapatilla detrás dun compañeiro que posteriormente o perseguirá evitando que lle quite o seu sitio.