fondo

luns, 5 de novembro de 2018

LUNS SILÁBICO

Arrancamos a semana con Cloe como encargada da Asamblea pero antes estivemos falando un pouquiño dalgunha cousa que fixemos estos días: algún foi a casa da prima, outros a buscar castañas, outros á feira e algún foi de tendas 😁 É un momento moi chulo no que teñen que aprender a falar para os outros, respetar turnos, escoitar, recordar cousas pasadas e ademáis facémonos preguntas como "qué facemos cos coches estropeados?" Ou temos que regar cando chove?



LUNES: León, Unicornio, Nutria, Elefante e Saltamontes

Despois traballamos un pouquiño coa conciencia fonolóxica: cantidade de sílabas-palmadas dos nomes dos animais...


Enténdeno bastante ben e sempre o comprobábamos saltando por riba dos círculos.
Posteriormente fixemos unha pequena clasificación : Ten ou non alas....


Bastante ben aínda que tivemos unha pequena conversación cando chegamos ó galo. O que o escolleu dicía que NON e outros que tiñan na casa galos dicían que SI. Ó final quedamos convencidos que teñen alas aínda que o de voar...

RECUNCHOS MATEMÁTICOS...

Hoxe despois do recreo estivemos xogando nos recunchos matemáticos:
  1. LÓXICA: Seriacións de tres elementos. Mantemos a temática do Samaín cos obxetos que recortamos a semana pasada.

2.NUMERACIÓN. Puzzle monstruoso. Cada nen@ conta cunha plancha que ten como fondo un monstruo e as pezas que compoñen ese monstruo marcadas, cada unha, cun número (puntos do dado).  Por turnos lanzan o dado e van colocando a peza correspondente. Quen o construirá primeiro?
3. RECORTADO. Recortar tiras de papel para encher unha línea que despois podemos convertir en serpe, dragón...e outras cousiñas que se lles ocorreron ( tivemos o tempo un pouco xusto e quedounos pendente de rematar)
4.PLASTILINA. Facemos ourizos cachos con plastilina e palillos







Comedor Novembro


Festexamos o Magosto...



domingo, 4 de novembro de 2018

FESTA DO SAMÁIN...

O mércores 31 de outubro fixemos algunhas actividades relacionadas co Samaín...unha festa de medo. E aquí temos algúns nenos ca cara pintada...








O primeiriño de todo Asamblea que estivo a cargo de Sergio.






E puidemos comprobar que a palabra do día MIÉRCOLES e a palabra MIEDO teñen as tres primeiras letras iguais... 
DEspois fixemos dúas pequenas fichas moi faciliñas de axudar á pantasma a chegar o castelo encantado e escoller  o número de cabazas e momias.












Fixemos unha merenda especial e a decoración da aula situounos un pouquiño na temática...Tiñamos convidados para a merenda así que había que prepararse











E despois do recreo tivemos unha boa sesión de contos de medo....uuuuuuuuu
Resultado de imaxes para comemiedos    Resultado de imaxes para corre corre cabaciña

Resultado de imaxes para monstruo verde    Resultado de imaxes para negra noche cuento


xoves, 1 de novembro de 2018

Martina cumple 4 anos...

Xa estamos todos no club dos 4 😀. Soamente nos faltaba que Martina cumplira os 4 aniños Como crecen verdade! E así chegou, cun biscoito riquísimo e propio da festa do Samáin. Pobre bruxa que se foi estampar xustiño no biscoito  Moitas felicidades!