fondo

xoves, 12 de abril de 2018

OS NOMES

Onte estivemos traballando cos nomes curtos e longos. Primeiro fixeron unha comparación na mesa por grupos: contaron as letras, dispuxéronos a ver cal era o máis longo e o máis curto





Despoios fomos unindo os dous grupos e engadindo algún máis para ver grandes diferenzas. A posteriori tocou recortar as nosas letras para volvelas a compoñer despois





Hoxe seguimos traballando sobre o nome propio pero dunha maneira un pouco máis artística. Primeiro estivemos traballando cos punzós facendo caminitos e fixéronno xenial



Despois tocoulle o turno o nome



E iban descubrindo as letras o darlle a volta o folio ¡maxia!
E, como non podía ser de outra maneria, chegou o momento de pintar así que mandilón e a desfrutar




 Cando iban rematando deilles un folio para poder seguir libremente pintando e facendo mezclas de cores...aquí houbo de todo: casas de bruxas, charcos de barro, cacas, nomes, patacas...









martes, 10 de abril de 2018

VEO VEO, A COR VERDE E OUTROS XOGOS

Comenzamos o día con cancións e xogos de mans e dedos para comezar con alegría e centrando a atención ademáis de traballar a psicomotricidade de mans e dedos e o vocabulario e memoria. Despois, estivemos xogando con tarxetas de diverso vocabulario: primeiro facemos un repaso nomeando as imaxes que aparecían. Aquí aproveitamos para traballar tanto en castelán como en galego xa que se escoitan as dúas versións... e isto resulta moi enriquecedor. Nun segundo momento, tocou xogar ó veo veo. Empezamos co xogo tradicional  ¿veo veo?...¿qué ves?...¿unha cousiña?...¿de qué cor é? pouco a pouco fun engadindo outras características dos obxectos: veo veo un obxecto que serve para cando chove... para facer lume...


 Despois tocou un ratiño de xogo na pantalla interactiva. Seguimos co xogo de "lectura" dos nomes dos compañeiros, comprobamos baixando a "cortina" e compoñemos o noso nome co modelo de referencia.


Despois contamos as letras que temos, damos nomes de animais que comezan por esas letras (León, Elefante e Ovella) e escribimos o número debaixo (máis ou menos xa que a pantalla non está o 100% e as tarefas de rotulador son máis complicadas)

Despois do recreo tocou un pouquiño de Arte. Seguimos co noso libro de cores e hoxe tocou a cor verde. A primeira parte toca experimentar con diversos papeis e técnicas: recortado, taladrado...(aproveitei hoxe que había pouquiños para deixarlles as tesoiras a todos á vez)






 Logo tocou recoller todos os papeliños e limpar as mesas de pegamento... que tamén é unha parte importante do traballo artístico, sobre todo porque desfrutan moito enchendo a mesa de pequenos papeliños jajajaaja
Xa para rematar a xornada fixemos un pequeno xogo de sonidos iguais. Temos dúas filas de botes cheos de garbanzos, arroz, pan raiado e nada que hai que xuntar escoitando moi ben o sonido que fan. Pasará a formar parte das gavetas



¡CUMPREANOS DE SERGIO!

Sergio xa cumpliu 4 anos e trouxo un biscoito e zume para celebralo con nós no cole. O primeiro de todo facerlle a coroa...que lle encantou. Pasou todo o rato dicindo ¡qué bonita está quedando!

 ¡MOITAS FELICIDADES!





luns, 9 de abril de 2018

ENTRE LETRAS E ROBÓTICA



Vamos avanzando na composición do noso nome empregando as nosas caixiñas de letras. Despois de observar as nosas letras, cántas temos, e cal é a primeira e a derradeira buscámolas nunha ficha 

Despois (e cun pequeno descansiño bailando un par de cancións) xogamos na pantalla cos nomes dos compañeir@s. Xa non se trata de que cada ún sinale o seu nome senón que sinalen o nome dos compañeir@s...¡xa recoñecen un montón!





E despois tocou un ratiño de xogo  co robot e as cantidades. O outro día estivemos xogando como se nos fóramos os robots e dámonos instruccións.

Hoxe tiñan que tirar o dado, sinalar a mesma cantidade na alfombrilla do robot e programar o robot para que chegase ata a cantidade.


 Traballamos o conteo para saber cantos pasos cara adiante ten que dar


















Algunhas veces programamos mal e pásase do destino e outras liámonos un poquiño comparando cantidades

O PROTAGONISTA DA SEMANA: TEO

Esta semana Teo é o protagonista e hoxe ensinounos moitas cousiñas de cando era bebé. Despois de compoñer o seu nome que é moi doado xa que solamente conta con tres letras sacou varios peluches da súa caixa



 Ensinounos algunhas das fotos que trouxo no seu álbum...aínda que as pasou moi rápido e non as vimos todas

 As súas botiñas de bebé e roupiña...que agora resulta moi pequena para poñernos




Así quedou o seu Recuncho


E antes de irnos para casa non podíamos acabar o día sen o lanzamento do COHETE