fondo

sábado, 7 de abril de 2018

A PROTAGONISTA DA SEMANA: MARTINA 4

Acabamos a semana e o libro da protagonista. Hoxe tocaba estampar a man coa súa cor favorita, foto cos mellores amig@s do cole e os debuxos de regalo. Ademáis, estivemos xogando cos xogos que trouxo para ensinarnos...e aínda nos faltaban algunhas fotos

 A súa cor favorita é ROSA




 Contounos que vai ó parque coa súa mamá e as avoas e a bisa... e a todas lles gusta moito montarse nos columpios... Tamén nos falou das vacas do seu papá e como o axuda a coidar delas

Montamos uns recunchos cos contos e puzzles que nos trouxo


Así quedou o libro da protagonista:













Decidiu que todos eran os seus mellores amigos... e aínda lle faltaban jaajj







xoves, 5 de abril de 2018

¡VAIA PELOS!

Hoxe estivemos traballando un pouquiño o recortado... algúns xa o fan moi ben e outros imos mellorando
 Empezamos recortando medio folio pero aínda se lles fai grande e decidimos doblalo pola metade
 Mentras uns recortaban outros coloreaban ó pelón

Á hora de pegalos sempre temos a nosa maneira peculiar de facelo...pero a riqueza está na diferenza ejeejejejje





A PROTAGONISTA DA SEMANA: MARTINA 3

Hoxe é o día máis especial para a protagonista porque é o día que temos a visita da mamá e o papá. Estiveron connosco contándonos a que se dedican (algún xa sabía algo aínda que as veces por vergoña non se atreven a dicilo)
Tamén nos contaron o conto favorito de Martina "Tupi va al mercado" e ensináronnos outro conto de animais moi chulo
Puxéronse algo nerviosos e costounos un pouco poder contar o conto sen estar escoitando "non vexo" porque algúns sempre se meten diante do conto e os demáis non ven...





Trouxéronnos dúas sorpresas: a primeira eran "caquiñas de coello" que lle encantan a Martina... aínda que algún levou unha sorpresa desagradable...e non lle gustou ajajjajajajaj (nada que non se arranxe cun pouquiño de auga)





E a outra eran uns colgantes moi chulos para as mochilas que nos fixo a mamá de Martina... ¡menudo traballo!



¡MOITAS GRAZAS POLA VOSA VISITA!

mércores, 4 de abril de 2018

A PROTAGONISTA DA SEMANA: MARTINA 2

Hoxe estivemos traballando co nome da protagonista. Ten 7 letras sendo un dos nomes máis longos da clase a diferenza de Leo e Teo que son os máis cortiños (e máis doados de escribir jajajaj)
 con un pouquiño de axuda fíxoo moi ben

Ademáis estívonos ensinando as páxinas do seu libro: a súa familia, as súas mascotas, o seus pasatempos (cociña, contos e xogar con muñecos), a súa músca favorita que estivemos escoitando onte e xa sabemos cómo se chama ese cuarto can do que non me lembraba , Nacho (creo ajaajja)



Tomouse moi en serio o seu momento e como non lle fixeran caso reñía se o vía necesario ajjajajaa
Tamén nos estivo contando un dos seus contos que trataba sobre un coelliño que iba o mercado e lle caía froita encima.

 Na pantalla contamos cunha nova actividade dando un pasiño máis aló. Antes tiñan que recoñecer o nome que aparece agochado detrás dunha "cortina", despois engadimos o recoñecemento da letra inicial do nome e neste terceiro trimestre xa podemos ir engadindo a composición do nome, nun principio con referencia... iremos vendo se desaparece ou non 😉
 E non podía faltar a conta regresiva para o lanzamento do noso cohete...3 2 1 0 ¡despegue!

martes, 3 de abril de 2018

A PROTAGONISTA DA SEMANA: MARTINA

Arrancamos co 3º trimestre e a nosa primeira protagonista é Martina. Ensinounos un montón de cousiñas de cando era bebé e explicounos as súas fotos con moito detalle. 

Gústalles moito ver esos vestidiños e pixamas pequeniños que ahora non lle caben nin nun brazo ajajjaaja É unha boa maneira de ver todo o que medraron.


 Aquí explicounos que era a súa mamá que "estaba chea" e ela estaba ahí dentro ajajjajaajaja E a súa "foto" de cando estaba ahí (a palabra ecografía aínda nos custa)

Xa sabemos que o seu papá chámase Juan, que comeza igual que o noso Jesús, e a súa mamá chámase Vero, que comeza igual que vaca (animal preferido de varios nenos da aula ejjeje)

 E ten un montón de mascotas: Mila, Sombra, Gala e ... ajajajajaj e gatos que as veces a rabuñan