fondo

luns, 6 de novembro de 2017

RECUNCHOS...

Hoxe estivemos traballando por recunchos...Como éramos pouquiños fixemos únicamente tres recunchos: nun recuncho xogamos cos pinchos a facer líneas rectas, despois xa os deixei xogar libre; noutro recuncho fixemos churros de plastilina ¡cómo lles custa! e colocar pedriñas de cores; e no terceiro recuncho comezamos unha actividade co nome propio, coloreamos cada letra do noso nome dunha cor (cores primarias: azul, amarelo e vermello). En posteriores sesións remataremos esta actividade...


















 Tamén traballamos un pouquiño a cohesión de grupo e o sentido do tacto, neste caso con plumas que fan cóxegas. Por parellas, dedicamos uns minutiños a facer cóxegas a nosa  parella.


E non podía faltar un ratiño de xogo libre no que cada ún pode escoller o que lle apetece xogar de maneira individual, por parellas...







sábado, 4 de novembro de 2017

CONTINUAMOS CO OBRADOIRO DE GRAFISMO E MÁIS...



Este venres demos continuación ó traballo sobre a línea recta  e todo o que isto conleva: escoita activa do que hai que facer, uso de utensilios (cera, pincel, gomets...)


 Tamén dedicamos un ratiño a recordar as normas para xogar cas gavetas que teñen a súa disposición e cada ún poco escoller para ir traballando e practicando un montón de habilidades. Aquí tedes un pequeno resumo:
pizzarra con tiza
pizarra con pincel e auga


colocamos os utensilios da mesa
abotoar



puzzles de dúas pezas
pinza e correspondencia ún a ún


plastilina
trasvases de fabas
barrer semillas




tacto: animais e "peles"
línea recta: araña


correspondencia ún a ún


xoves, 2 de novembro de 2017

HOXE NA ESCOLA...OBRADOIRO DE GRAFISMO

Esta semana  traballamos a LÍNEA RECTA ou "de raia" como algúns a chamaron. O outro día e co motivo do Samaín, fixemos as patas dunha araña e a súa telaraña. Hoxe centrámonos noutra cousa da natureza que normalmente debuxamos con raias, O SOL. Después de falar un pouquiño do que é unha línea recta, larga, "de raia" ou estirada decidimos facer os raios do sol con diversos obxetos da aula pero, eso sí, colocándoos en filiña...





Despois levamos as raias ó papel: primeiro fixémolo con ceras entre o "código de barras" que aparecía na folla e logo atrevémonos con pincel e témpera. Comezamos moi ben pero algúns emocionáronse no camiño e o resultado non é o esperado ¡seguiremos prácticando!




Tamén continuamos ca temática do Samaín porque aínda nos quedaron algunhas actividades pendentes. Estivemos vendo os vídeos de Eugenia Romero sobre o vocabulario do Halloween e algús xogos de atención. Aquí os deixo por se os queredes volver a ver ou xogar na casa...






Nestes días poñerei o enlace ó Blogue do Equipo de Normalización Lingüistica do Centro onde poderedes ver fotos da festa do Magosto e Samaín...