fondo

luns, 16 de marzo de 2020

Somos uns artistas!

A Semana da Prensa viuse un pouco afectada pola situación que vivimos, así que algúns de estos traballiños que estabamos facendo quedou sen rematar. O que tiñamos pensado e facer unha composición libre recortando formas e compoñendo sobre un folio de cor, pero puxémonos a debuxar e... Ademáis tamén estivemos recortando letras de titulares e compoñendo os nosos nomes con elas!









Pero inda que estos traballiños quedaron a medias, durante o inverno fixemos outros empregando técnica diferentes. Pintamos unha paixase invernal nocturna con acuarela:




Reinterpretamos o cadro de Kandinsky "Paisaxe de inverno" que debuxamos, rotulamos e pintamos con ceras Manley











Tamén estivemos experimentando coas mezclas de cor. Pero facendo un encrucillado!
Debían realizar as mezclas que se indicaban nos enunciados, ver que cor aparecía e escribila nas casillas!








Ás veces simplemente experimentamos técnicas, como cando chegaron a clase uns sellos para estampar e non queriamos facer outra cousa!



Outras veces a tarefa é máis guiada e require de atención e seguir unhas pautas dadas como estos arcos da vella que debían reproducir usando as cores adecuadas e a direcionalidade que marca o semicírculo






Sexa como sexa... encántanos crear!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario