fondo

domingo, 1 de marzo de 2020

Para comezar o proxecto... BREAKOUT!


Non sabedes como arrancamos esto do proxecto... Érase unha vez, unha mañá diferente
na que estivemos xogando cos papeles celofán de cores, creando un arco da vella mezclando papeis, mirando a través deles... e antes de merenda limos o conto "Lupo se va de viaje". Foi un pouco diferente, porque sempre lemos o conto ao chegar do patio, beber auga a relaxarnos un pouquiño... pero como nolo mandou a profe Leti... 







O Conto describía a aventura de Lupo viaxando por diferentes países ata chegar de novo o bosque onde vivía... Unha volta ao mundo!


Ao chegar do patio atopamos unha caixa pechada con un candado de números e ao carón unha carta con letras de cores... pero non conseguíamos ver que poñía, como tiñamos os papeis celofán "ocurréusenos" a idea de mesturar cores a ver que pasaba e cando puxemos o vermello.... apareceron palabras!! Conseguimos ler a carta na que se nos explicaba que tiñamos que resolver uns retos para poder abrir un candado e descubrir os monumentos do mundo!


Comezamos o reto número 1: abrimos o sobre e atopamos un crucigrama con casillas de colores, un código de color e un código QR... dividímonos en 3 grupos e intentamos resolvelo. Custounos, había que ler, escribir nas casillas, interpretar o código de cores (colocando as letras que estaban nas casillas coloreadas)... e escanealo código... Conseguimos facelo e o escanear o código levounos a un candado dixital. Unha pregunta...qué viaxa entre as nubes... qué fácil!! a solución estaba no código de cor.... pero non... non era tan fácil...




 




Comezamos o reto número 2: o poñer a palabra "AVIÓN" comezou un reto novo!! un Kahhot de 10 preguntas!! resultounos un pouquiño difícil respondelas a tempo... pero finalmente e despois dalgún erro, conseguímolo!!! 








Comezamos o reto número 3: no sobre 4 anacos de folio "creo que hai que montalo" pois si, encaixaban... un montón de imaxes... pero que había que buscar... ademais o sobre era diferente, tiña unha roda de letras e números... viña cunha pista: H22 e unha tarxeta con catro "palabras" rarííísimas... 
Era un código secreto!! se moviamos a roda e facíamos coincidir a H co número 22 podíamos cambiar todas as letras... e as palabras comezaban a ter sentido! Ademáis as palabras referíanse a imaxes que estaban non "puzzle"... buscámolas, rodeámolas... investigamos e démonos conta de que por detrás desas imaxes había sílabas e colocadas en orde formaban a palabra "ILUMINA"!








Comezamos o reto número 4: no sobre atopamos imáxes de 7 monumentos do mundo e un boli un pouco raro... unha nena da clase dixo que ela o tiña que era un boli máxico e que había que mirar a tinta invisible coa luz que viña incorporada... así o fixemos, comezamos a explorar as imaxes e apareceron 3 números!!! Apuntámolos no encerado, fomos a caixa e intentamos abrila pero a combinación non funcionaba... tivemos que cambiar de orde os números, probar por quendas e ao final... Conseguimos abrir o candado!!!!








Dentro da caixa un montón de miniaturas dos monumentos do mundo, tarxetas coas imaxes, coas imaxes e o nome, solo co nome... déronnos moitos xogo... pero iso xa a partir do día seguinte...






E por último démoslle as grazas a profe Leti por seguir axudándonos a crecer dunha maneira tan divertida!

Ningún comentario:

Publicar un comentario