fondo

sábado, 28 de marzo de 2020

E DENDE CASA... SEGUIMOS COA VIAXE! COMEZAMOS EN EUROPA!

OS NENOS E NENAS DA CLASE DE 5 ANOS ESTANSE PORTANDO MOI, MOI BEN NA CASA. COMO LLES GUSTA MOITO TRABALLAR E TAMÉN VIAXAR, DECIDIMOS SEGUILO FACENDO DE TODOS MODOS.
ATOPÁMONOS EN EUROPA. TODOS OS NENOS E NENAS RECIBIRON NA CASA UNHA INVITACIÓN PARA VIAXAR A GRECIA  E A ISLANDIA E UNHA PROPOSTA DAS ACTIVIDADES QUE PODÍAN FACER ALÍ DURANTE A VIAXE

FIXEMOS AS MALETAS...

E ESTE É O RESULTADO!!!
 (por orde alfabética)











A MAMÁ DE MARTINA CONTOUME QUE A MOUSSAKA ESTABA DE 10, XA QUE O PAPI DE MARTINA LLE AXUDOU... ADEMÁIS TAMÉN LLE ENCANTOU A HISTORIA DOS YULES, UNHAS PERSONAXES MÍTICAS ISLANDESAS QUE APARECEN POLO NADAL, COÑECÉDELAS?




PABLO ADEMÁIS ESTIVO PENSANDO NUN RETO MATEMÁTICO PARA ENVIARVOS:

OS PRINCIPAIS DEUSES GREGOS SON 12.
SE TEMOS QUE DEBUXALOS ENTRE MEU IRMÁN, PAPÁ, MAMÁ E MÁIS EU...
CANTOS TEREMOS QUE PINTAR CADA UN?








ALGUÉN MANDOU ESTE VÍDEO...
SÓNAVOS A VOZ?



POIS SÍ, A PROFE LETI TAMÉN QUIXO PARTICIPAR!!




E TAMÉN VOS DEIXA UN RETO MATEMÁTICO PARA QUE RESOLVADES!
TEDES TRABALLO...


MOITÍSIMAS GRACIAS A TODOS POR SEGUIR VIAXANDO A PESAR DAS DIFICULTADES DE MOITAS FAMILIAS!
E VÓS, PEQUENOS E PEQUENAS... SEGUÍDEVOS PORTANDO ASÍ DE BEN NA CASA!!

DESCANSADE O DOMINGO, PORQUE O LUNS DESPEGAMOS DE NOVO!!





luns, 16 de marzo de 2020

Somos uns artistas!

A Semana da Prensa viuse un pouco afectada pola situación que vivimos, así que algúns de estos traballiños que estabamos facendo quedou sen rematar. O que tiñamos pensado e facer unha composición libre recortando formas e compoñendo sobre un folio de cor, pero puxémonos a debuxar e... Ademáis tamén estivemos recortando letras de titulares e compoñendo os nosos nomes con elas!









Pero inda que estos traballiños quedaron a medias, durante o inverno fixemos outros empregando técnica diferentes. Pintamos unha paixase invernal nocturna con acuarela:




Reinterpretamos o cadro de Kandinsky "Paisaxe de inverno" que debuxamos, rotulamos e pintamos con ceras Manley











Tamén estivemos experimentando coas mezclas de cor. Pero facendo un encrucillado!
Debían realizar as mezclas que se indicaban nos enunciados, ver que cor aparecía e escribila nas casillas!








Ás veces simplemente experimentamos técnicas, como cando chegaron a clase uns sellos para estampar e non queriamos facer outra cousa!



Outras veces a tarefa é máis guiada e require de atención e seguir unhas pautas dadas como estos arcos da vella que debían reproducir usando as cores adecuadas e a direcionalidade que marca o semicírculo






Sexa como sexa... encántanos crear!!