Este tipo de actividades realízanse para completar o traballo de aula, pero coa característica de que o lugar, o momento ou os recursos non son os habituais do día a día. A comunidade educativa expándese.
A semana pasada, aproveitando a clase que nos ían dar dúas enfermeiras sobre primeiros auxilios, traballamos un pouquiño... con moito corazón!
Falamos do corazón e da súa función, notamos o "motor" do noso corpo saltando un ratiño seguido...
Realizamos uns corazonciños para os nosos peluches que picamos e decoramos libremente. E xa que tiñamos de visita os nosos bonecos, fixemos a relaxación con eles.
Ademáis tivemos unha tarefa, estivemos cantando cada día a canción que nos pediron as enfermeiras que aprendésemos para axudarnos a memorizar o que tiñamos que facer en caso de emerxencia sanitaria: "Había una vez una persona dormida".
Asistimos o curso no que aprendemos como se fora un xogo a protexer, avisar e socorrer a unha persoa. Estivemos moi atentos e a verdade, fixémolo xenial!
Aproveitamos a temática para convertérmonos en Miró e realizamos unha versión da súa obra "Bailarina" que nos quedou así de ben!
Antes de retomar o blogue tamén fixemos un par de actividades complementarias que quedaron sen ensinarvos, inda que os/as peques seguro que vos falaron delas.
Un contacontos na ocioteca (ó que fomos en bus!!) titulado "Construindo a Igualdade". Para os nenos e as nenas de 4 e 5 anos, preparouse "O Ratiño Presumido" que reformula o conto clásico da "Ratiña Presumida" tendo como protagonista a un rato e querendo en todo momento producir un intercambio dos roles tradicionais. Ademáis tamén contaron o conto "Oliver Button é unha nena" e... por último, para deleite dos nenos de das nenas convertéronos os mestres e as mestras que alí estabamos en personaxes de conto e tivemos que interpretar a obra, con canción e baile incluído!
Tamén recibimos no cole a visita da Asociación Cultural Falcatrueiros, que viñeron a darnos unha pequena clase introductoria de baile. Non só fixemos baile galego, senón tamén balet, e ademáis de coñecer un pouquiño máis estas disciplinas... pasámolo pipa. E para mostra...
Por último quería recordarvos que no blogue do cole
http://colemonterroso.blogspot.com/ se van colgando algunhas das actividades que se organizan no centro. As fotos do fotocall de Halloween xa están publicadas, pasade a velas. Ademáis na web do cole http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmonterroso/ tamén tedes información de interés como por exemplo os menús escolares.