fondo

mércores, 24 de abril de 2019

DÍA DO LIBRO

Onte 23 de abril festexamos o día do libro, esa ferramenta tan importante nas nosas vidas. O primeiro de todo contarvos que antes das vacacións estivemos a facer un mural alusivo a ese día. Falamos un pouquiño das cousas que nos aportan os libros...podemos coñecer dinosaurios, dragóns, fadas...viaxar a outros mundos ou lugares...relaxarnos...rirnos...Asi que decidimos facer algúns debuxos e incluso algúns se atreveron a facer un barco de origami (si, axudeilles pero o máis importante foi o seu interese)
Non se pode apreciar moi ben pero o noso mural está composto de nubes esponxosas, mar de plastilina, dragóns que botan lume e barcos ou globos que nos levan a moitos lugares...




Onte fixemos varias actividades para conmemorar o día:
O primeiriño de todo miramos este conto para responder a pregunta ¿para que serve un libro?...para contar, para leer, para mirar, para poñer pegatinas, para saber como son as vacas...Resultado de imaxes para para que sirve un libro

Outra das tarefas que fixemos o cargo de MIgallas foi bailar e cantar :
"Cando esteas aburrido, e non saibas que facer, colle un libro meu amigo todo pode suceder..."

E unha actividade que me gusta moito "canapés literarios" que vin no blogue lapiceiro máxico. Consite en presentarlles unha bandexa cunhs canapés moi especiais, son adiviñas con gominola. Cada nen@ escolle un de intenta adiviñar o persoaxe de contos gañando así a gominola.





E como últimamente estamos moi pintoreiros estivemos a facer un pequeno conto...eles fixeron un debuxo e a partir das imaxes inventabamos unha pequena historia.















E aquí o mural do cole do día do libro


Ningún comentario:

Publicar un comentario